jueves, 23 de mayo de 2013

TEATRO: A FILLA DE WOODY ALLEN.

O luns 27 de maio, terá lugar no auditorio do noso instituto a representación desta obra teatral, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, especialista en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor de varias obras, destacando o título 0´7% MOLOTOV (Premio Rafael Dieste 2009). A obra A FILLA DE WOODY ALLEN foi nomeada aos PREMIOS MAX DAS ARTES ESCÉNICAS 2011. A actriz Marián Bañobre, Posgrao en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela, obtivo o Premio María Casares á mellor actriz secundaria en 2006 por Tartufo. Tamén participará Carmela Bueno, coreógrafa, bailarina e docente de Danza Contemporánea, formada en Greenwich Dance Academy de Londres.Os grupos que están invitados son de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Tedes unha cita ás cinco da tarde. ¡Non faltedes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario