martes, 12 de noviembre de 2013

O pazo baleiro. Autor: Xabier P. Docampo. Ed. ANAYA

Nicolás non é quen de segui-lo ritmo das clases. Amólalle ir sempre á escola. Así que toma a seria decisión de non volver procurando que seus pais non se decaten. Sen embargo está engaiolado polo traballo do seu tío Delio, un reparador de vellos reloxos que vive nun vagón de tren abandonado. Nun dese reloxos está o comezo dunha emocionante investigación da man dos seus amigos Ramiro e Sol, únicos cómplices dos seus segredos, cando atopan dentro dese reloxo un cofre con misteriosos obxectos.
Entre eses obxectos atópase unha carta que lles dá a clave para saber ónde comeza-la súa investigación: o pazo baleiro.

8 comentarios:

  1. Eneritz Somoza Rodríguez 2ºB17 de enero de 2014, 9:36

    O libro gustoume bastante, tanto pola súa intriga como pola maneira coa que o autor consegue desenvolver toda a trama a partir dun achado nun reloxo inglés. Todo isto consegue que o sigas a ler, ata descubrir os segredos ocultos no pazo durante décadas. Gustáronme as andanzas dos catro rapaces: Nicolás, Sol, Társila e Ramiro polo pazo, e como adoitaban conseguir o que se propuñan, aínda que fose cunhas cantas mentiras...
    Tamén é certo que este libro gustoume máis cós do ano pasado, xa que é máis longo e entretido, e coa historia do pazo faite pensar en cómo un simple sentimento pode mover as persoas. Por iso, resultoume un pouco triste que estas fosen movidas pola cobiza de chegar a ter aquel obxecto, aparentemente moi valioso (que non o era), ata chegar ao extremo de matar por el ou malograr as súas vidas na súa procura.
    A personaxe que máis me gustou foi Delio, que aínda que moitos o tachasen de raro, eu penso que tiña razón cando dicía que cadaquen fixese o que quixese, sempre e cando non se metese na vida dos demais.
    Recomendaríao aos vindeiros cursos, para que pasasen un bó rato léndoo.

    ResponderEliminar
  2. Gebremedin Gutiérrez López 2ºA

    Este libro gustoume bastante,porque me intriga moito este tipo de misterio. O autor, Xabier P. Docampo, transmite moi ben o que lles quere dicir ós lectores por medio deste libro. Eu quería recalcar uns momentos nos que estiven dándolles voltas:

    · A árbore xenealóxica, é un pouco lioso seguila toda,
    entón tes que dedicarlle máis tempo á lectura ( no meu
    caso ).

    · Nicolás non vai á escola, esto impactoume bastante,
    porque se só vas tres días a escola e deixas de ir, e
    ó cabo de tres meses sigues igual, os profesores ou
    o/a director/a chamarán a casa ou algo para preguntar
    ( supoño ).

    Ó meu parecer, o libro está xenial e interesante.

    Recoméndovolo!

    ResponderEliminar
  3. María del Pilar Quintana Teixeira, 2º C.

    O libro pareceume moi bo. Aínda que non me entusiasmou moito ao empezalo a ler, segundo o segues lendo vólvese máis interesante.
    O primeiro que hai que dicir é que os personaxes están ben formados e explicados, non creo que haxa algo dos personaxes que falte por explicar. Despois, a historia está perfectamente elavorada , non queda ningún oco sen aclarar (que a min me pareza, claro).
    O libro esta moi ben para xente á que lle guste moito o misterio xa que a historia principalmente trata sobre iso e despois ten un pouquiño de amor entre algúns personaxes, eso foi o que máis me gustou.
    Para min a mellor personaxe foi Sol porque é moi extrovertida e divertida.
    A forma de escribir do autor encantoume, deixa todo moi claro e sabe describir ben os espazos e as personaxes.
    A parte que máis dificultades me deu á hora de lelo foi a do final, cando Aurelio e mais Delio explicaron a historia da familia do Pazo, xa que ás veces non sabía a qué personaxe se referían.
    Pareceume un libro divertido, ademais de fácil de ler.

    ResponderEliminar
  4. Miguel da Silva Simón, 2º A

    O libro é moi interesante porque ata o final non se descobre o misterio. Gustoume moito a parte na que están de noite no Pazo, xa que conseguen chegar a todas as partes do Pazo, cunha lanterna e na escuridade. Hai moita tensión cando chega o descoñecido (Silverio) e os nenos teñen medo ata que chega Delio.
    Paréceme moi peculiar o personaxe de Delio, xa que sen saír do se vagón é moi intelixente. Á xente parécelle raro que Delio non saia do seu vagón, pero el só busca a tranquilidade.
    Nicolás é un personaxe moi traveso e Ramiro é como o seu contrario, sempre di a verdade. Ainda que Nicolás non vai á escola é bastante intelixente.

    ResponderEliminar
  5. O Pazo Baleiro foi un libro que me gustou bastante pola intriga e pola trama enredada trama que ten.
    Hai dúas personaxes que quería destacar,a de Delio e a de Sol,debido a que Delio me impactou pola súa actitude que máis tarde cambiou.O que quero decir é que me gustou porque pese as súas manías é capaz de superalas para axudar aos nenos.Dúas cousas que me impactaron dél son : que sexa reloxeiro e que viva nun vagón de tren.
    Unha cousa que non me gustou foi que a historia incluíuse tantos nomes de xente distinta, pero é necesario, así que polo demais gustoume moito.
    Para min, o mellor da historia é como todo o que descubren da investigación llo contan a Delio e él dá a súa opinión.
    Fernando Carrera Calvo .
    2ºA.

    ResponderEliminar
  6. O libro esta ben, é moi entretenido

    ResponderEliminar
  7. Este relato chamado O Pazo Baleiro sobre un neno da nosa idade chamado Nicolás gustounos moito. É perfecto para nenos da nosa idade dada a intriga e o conflito da historia que se atopa escrito polas palabras de un neno problemático e cun amigo totalmente responsable podendo vernos reflexados en polo menos un deles dada a diversidade de comportamento que se atopa nel. Estamos agradecidos da recomendación de lelo xa que nos levou un bo e entretido rato.
    O vocabulario é sinxelo e óptimo para calquera polo que a súa lectura é fácil. Un bonito e orixinal relato.
    Relatado por María Alonso coa colaboración de Bruno Dacosta 2ºA

    ResponderEliminar
  8. Somos Ana Cibeira e María Vila de 2ºA. Esta é a nosa opinión sobre o libro "O pazo baleiro":

    Gustounos moito, pois é moi diferente dos demais libros en galego que lemos na nosa vida. Ten moito misterio e intriga arredor do reloxo e as xoias que hai nel. A historia de amor que se esconde dentro dos muros do pazo e, aínda que falsa, moi bonita. Pero tamén nos gusta a historia que hai entre Nicolás e Sol, aínda que é moi breve. Delio, por outra parte, cremos que debería saír máis do seu vagón, que para el é unha "casa" en condicións para vivir, estase a perder a vida que hai máis alá das paredes dese anaco de tren. E Tárlisa é moi activa, debería tranquilizarse. A historia en xeral é moi boa se queres pasar un bo rato a soas.

    ResponderEliminar