miércoles, 10 de diciembre de 2014

LIBROS DE LECTURA (1º e 2º DE E.S.O). Curso 2014-2015.

Malditas matemáticas. Carlo Fabretti.

El crimen de la hipotenusa. Emili Teixidor.

El asesinato del profesor de matemáticas. Jordi Sierra i Fabra.



24 comentarios:

  1. Ola, son Antía e lin o libro de Malditas Matemáticas. Gustoume moito porque xeralmente ás persoas non lles gusta esta materia e pensan que é aburrida.Eu, cando comecei a estudalas, pensaba o mesmo. Ata que me din conta de que as matemáticas son útiles para a nosa vida cotiá e que tampouco son tan aburridas. O mesmo que lle pasou á protaonista da historia. Nalgunhas partes do libro, os personaxes din cousas raras e enrevesadas que tiven que ler varias veces para comprendelas. Aínda así, gustoume moito, sobre todo a parte do final, cando o garda dille a Alicia que as matemáticas son aburridas e ela respóndelle que non, que son divertidas. Logo cóntalle o truco que aprendeu no seu soño.

    ResponderEliminar
  2. María González Pérez11 de enero de 2015, 12:39

    Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  3. María González Pérez12 de enero de 2015, 6:34

    Ola, eu son María e tamén lín o libro de Malditas Matemáticas. Xeralmente gustoume moito. Recomendo este libro, porque nel ensínante algúns trucos de matemáticas para comprendelas mellor. As veces o conto relata moito sobre os números (satúrate moito e é moi repetitivo) hai páxinas cheas de números. Esas páxinas as tiven que ler varias veces (aunque eran un pouquiño liosas). O que máis me gustou foi cando a nena decátase que todo era un soño. Logo, no que se basa toda a historia está xenial. Ata logo!!

    ResponderEliminar
  4. Aixa Montero Ferreiro12 de enero de 2015, 10:34

    Xa non existen mestres así, se é que algunha vez existiron.
    Eu xa esperaba algo similar a unha trola, refírome a que xa supuña que non sería verdade a morte do mestre de matemáticas, pois xa lin antes: El asesinato de la profesora de lengua. Aínda así, gustoume moito, sobre todo as pistas para encontrar os sobres e descubir o asasino. Para nada imaxinaba que fose o director.
    A conta que vas facendo é moi longa: ao final o resultado é cero.
    Considero que é un bo libro: gustoume

    ResponderEliminar
  5. UN L1BRO R34LM3NT3 1NT3R3S4NT3

    Malia as ilustracións de ananos paticurtos con mans alieníxenas, o texto está moi ben, ten poucas descricións e moita acción.
    Logo de ter lido: El asesinato de la profesora de lengua o final pareceume predicible. O argumento é moi bo.

    ResponderEliminar
  6. Ola , son Elena Estevez Couñago de 1º A

    Eu lin o libro de " Malditas Matematicas " pareceume un libro moi divertido e interesante , gustoume moito a representacion do conto "Alicia no pais das Maravillas " . As partes do conto que mais me gustaron son nas que dan consellos para matematicas .

    ResponderEliminar
  7. ola,son lara de 1ºA

    Lin o libro de "el asesinato al profesor de matematicas"

    Ao principio no me tiña boa "pinta",pero cambiei de idea cando comezei ler as primeiras paxinas.

    É un libro xenial,a quen se lle contara agora,que un profesor esta disposto a perder o seu traballo, no intento de aprobar a sinatura dos seus alumnos,non os mellores da clases(ou iso cren eles) Dicirlle a tua noiva que che maquille so es unicamente para que pareza real...Pobres nenos,non se esperan o que lle ten mondado...
    Encontrar unha serie de pistas, que pouco a pouco os levaran a ta a resposta final.

    O final non mo esperaba asi,e pensar ao comezo do conto que o profesor que crian morto estaba "viviño e coleando"esperando a chegada dos alumnos no despacho do director do colexio(o presunto asasino)a chegada dos alumnos...

    *GUSTOUME MOITO ESTE LIBRO,RECOMENDOVOLO A TODAS AS PERSOAS QUE TEÑAN GANAS DE LER UN LIBRO INTERESANTE,DIVERTIDO E CON EMOCIONS FORTES.

    Un saudo
    LARA
    1ºA

    ResponderEliminar
  8. Ola, eu son Ana Roman Rodríguez de 1ºC.

    Eu lin o libro de 'Malditas Matimaticas ' para min foi un libro moi interesante e moi divertido, e eu se llo recomendo a todo o mundo porque a pesar de que me gustara moito leese moi rápido.
    A parte que mais me gustou foi cando os tres rapaces se poñen a resolver problemas. E un libro que te deixa con moita intrga en cada capitulo e non podes para de pensar o que ocurrirá no seguite capitulo.

    ResponderEliminar
  9. son Ana equivoqueime eu lin o libro de 'El asesinato del profesor de matemáticas'

    ResponderEliminar
  10. Ola son Nerea Guerrero de 1'A
    O libro que lin foi "Asesinato al profesor de matemáticas" gustoume moitísimo, ainda que ao comezo pensei que non me ía gustar, porque a temática sobre matemáticas non era o meu forte, pero engancheime unha vez que empezei a profundizar na historia ,porque hai intriga e acción, converténdose nun libro super entretenido.
    É o máis importante para min é que aprendín moitos trucos para resolver problemas de mate.
    Recomendable para ler se queredes pasar un rato divertido.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  11. Lydia Otero Vázquez15 de enero de 2015, 13:01

    Ola, son Lydia Otero Vázquez de 1ºA
    O libro que lin foi "O asesinato do profesor de matematicas" gustoume moito, porque pareceume moi divertido, aínda que ao principio pensei que non me iba a gustar, pero ao final gustoume moito.

    ResponderEliminar
  12. Lin 3L 4S3SIN4TO D3L PROF3SOR D3 M4T3M4TIC4S. Encantoume.
    O primeiro día que vin o libro pensei que sería un "tostón" pero cando comecei a lelo non puiden parar, enganchoume totalmente, de feito miña nai dicíame que parase de ler, tiña que ir para a cama. Eu non podía, precisaba saber o final.
    Cando rematei sorprendeume o final porque era inesperable, cando menos iso pensaba eu. É un libro feito para min: combina as mates, a intriga e a acción. As mellores partes, para min, eran as dedicadas a reflexionar, pensar...
    Recoméndoo porque é fantástico.

    ResponderEliminar
  13. Helena Pérez Puente17 de enero de 2015, 7:44

    Son Helena de 1º A e lin o libro de '' El asesinato del profesor de matemáticas''.Escollín este libro porque me encantan as series policiacas.
    O principio non me gustou,pareceume moi pesada tanta fórmula matemática,de feito desmotiveime un pouco porque esperaba outra cousa.A miña opinión cambiou a partir do capítulo cinco.
    Pereceume moi predecible que o asasinato fose unha farsa , xa que é demasiada coincidencia que o día anterior o suposto asasinado basara un xogo na súa morte falsa e logo o asasinaran de verdades.
    Encantoume toda a cadea de pistas , os escondrixos destas e coma os nenos se desesperaban e , logo se daban de conta de que son máis intelixentes do que crían.
    O libro en sí ,pareceume predecible e a ratos aburrido.Non é un dos meus favoritos,pero se queres pasar un rato ,está ben.

    ResponderEliminar
  14. Laura Alonso Vázquez19 de enero de 2015, 13:52

    O libro gustome, mais tampouco foi o que máis. Os debuxos eran un pouco raros. A medida que ías lendo decatábaste de que certos aconcementos xa se vían vir, como por exemplo que o profesor non estaba morto e que os nenos ían conseguir superar as probas. A idea de que en cada capítulo houbese unha operación que daba o resultado do capítulo, gustoume. Tamén me gustou que che puxesen as operacións e ver como se resolvían, para non quedar coa dúbida. O libro podía ter máis detalles, personaxes, etc. Con todo, resultoume divertido e ameno de ler.

    ResponderEliminar
  15. Queridos compañeir@s:
    Son Antía, a vosa compañeira de 1ºA. Eu lin o libro “Malditas matemáticas “.
    A min este tipo de libros non me soen gustar, xa que eu, si leo é para entreterme ou desconectar das clases e dos estudos; cando lin o título pensei que non me ía gustar porque falaba dunha materia, neste caso as matemáticas. Pero ao empezar a lelo enganchoume de tal forma que fixo que non o deixara de ler ata o final.

    Eu este libro recoméndollo a todas aquelas persoas as que lle gustan os libros de aventuras.
    Este libro está ambientado no libro “Alicia en el país de las Marabillas”. A parte que máis me gustou foi cando Alicia esperta e un señor que pasa por diante dela dille:
    -Que aburrido non ? Estudando matemáticas.
    E Alicia respóndelle:
    - Perdoe señor, pero as matemáticas son moi divertidas, mire .... - e comeza a contarlle todo o que aprendera no “País dos números”, intentando que él tamén comezase a entender as matemáticas e buscarlle o seu lado divertido.

    Xa sei que é moi doado dicir “Non me gusta esta materia ”; pero cando les este libro, dáste conta de que as matemáticas están en todas as partes e que son fundamentais para o longo das nosas vidas.
    E nada máis. Ata outra!
    Saúdos para todos.
    Antía Mª Varela Hermelo – 1ºA

    ResponderEliminar
  16. María Pérez. 1º C27 de enero de 2015, 10:06

    Unha única palabra, pero á vez tan extensa que pode chegar a describir este gran libro: fantástico. Ao principio pareceume aburrido, sen nada que ensinar, sen ningún segrego que revelar. Ao pouco deime conta que todos os libros son tesouros, cofres que alguén deixou abertos, ao mellor por un descoido ou pola simple razón de querer ensinar un mundo novo no que todo é posible, un mundo cheo de fantasías e ilusións.
    O libro foi como un estoupido de sentimentos: alegría, misterio, tristura...e, dende logo moita intriga. Eu, verdadeiramente, sospeitei de todos menos do que realmente foi o autor dos sucesos que ocorreron. A medida que avancei na lectura, o libro foi aclarándome todo, contando meticulosamente cada detalle. Non podo dicir a parte que máis me gustou xa que todas me pareceron perfectas e cada unha delas forma parte desta fantástica historia.

    ResponderEliminar
  17. Eu lin o libro do asesinato do profesor de matemáticas.
    Tardei bastante empezar a lelo porque pensaba que iba ser aburrido pero cando empezei non puiden parar.
    Eu pensaba que iba tardar moito lelo pero en dous dias dendicandolle un pouco do meu tempo o acabein

    Ao principio pensaba que iba ser moi aburrido pero non.
    Ten aquela entriga de que lle pasarán aos nenos despois de suspender tanto e ao profesor por ter na súa asinatura tres nenos suspensos.
    Eu estaba deseando chegar ao final para saber o que ía pasar .
    Pareceume xenial que o profesor os aprobarán porque despois de tanto suspenso o merecían .
    O recomendo é xenial

    ResponderEliminar
  18. irene lorenzo 1º a4 de febrero de 2015, 10:29

    Eu lin o libro Malditas matemáticas. Praeceume que o escritor sacou a idea do libro Alicia no país das marabillas, aunque debo dicir que me gustou máis este libro.

    Cando, ao principio Alicia dicia:
    -No me gustan las matemáticas- eu pensaba que a min tampoco me gustaban, pero conforme iva lendo, ivan gustándome máis as matemáticas.
    Creo que o libro é moi educativo e, se fora apto para que o puidesen ler os nenos pequenos non tendrían problemas na eso.
    Estaría ben que fixeran unha versión do libro para nenos sería igual que o libro, fantástico!
    O recomendo.

    ResponderEliminar
  19. ``El niño del pijama de rayas´´
    Na miña opinión o autor deste libro explica moi ben os sentimentos das persoas na 2º Guerra Mundial coa angustia, tristeza e inocencia [representada nos protagonistas]. O libro é tan bonito como triste e engachoume moito, deixándome totalmente marabillado.O que máis me sorprendeu foi a ilusión e a imaxinación dun neno que deixaba atrás os seus problemas.O final impactoume pero deime conta de que a vida é moi inxusta . A relixión de cada persoa non pode ser motivo de morte e de discriminación.Un mundo con persoas diferentes é un mundo mellor
    Bruno Dacosta Fernández.2ºA

    ResponderEliminar
  20. Claudia Álvarez Costas 2º ESO C24 de mayo de 2015, 3:04

    É certo que as persoas somos seres complexos e difíciles de comprender. Unha chea de pensamentos, ideas ou simplemente conceptos, que Sara entende moi ben. Non é unha moza especialmente sociable, pero cando chega a un pobo tradicional de Estados Unidos, o muro que construira para afastarse do mundo exterior, vai pouco a pouco, desaparecendo.
    En realidade esa a esencia de "La librería de los finales felices", que narra entorno a unha pregunta: ¿Por qué?
    ¿Por qué non poden ser capaces os libros de cambiar o teu rumbo? ¿De variar as túas opinións? ¿De conseguir que encontres o teu sitio?
    Sara, tiña todas as respostas ás todas as preguntas, excepto ás súas propias, por iso, sigo a pensar que en realidade o seu proxecto non foi un agasallo para o pobo olvidado, nin para Amy, senon para ela. Para ela mesma.
    Foi unha porta o que construiu cando abriu a súa librería. Porque, é certo, necesitamos doutras historias para entender as nosas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Un resumo: http://www.casadellibro.com/libro-la-libreria-de-los-finales-felices/9788408132608/2358474

      Eliminar