lunes, 9 de noviembre de 2015

LIBROS DE LECTURA (1º e 2º ESO). Curso 2015-2016





   O Club de lectura do IES  Carlos Casares volve reunirse para compartir   lecturas. A primeira obra á que nos imos achegar é O achado do castro de M. Núñez Singala, unha obra de teatro de carácter cómico.

8 comentarios:

  1. A min gustoume moito o libro.Eche moi gracioso, e o máis destacable del é que mezcla cousas antigas con cousas máis actuais. Entre os ladróns, un tonto e un listo, que queren roubar o medallón e a historia de amor do Manolitus móntase unha divertida escabechina. As partes do libro que máis me gustaron foron as discusións dos ladróns, os gardas espiando aos namorados e Caleno facendo de sabio.

    Daniel Bugallo Santos, 1A.

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito o libro, e moi gracioso e entretido.O que mais me gustou foi cando Caleno fixo de sabio e lle ía contando poesia traducida, foi moi gracioso. Tamen gustoume que mezclaran cousas modernas e antigas, o libro estivo moi ben.
    Lucía Mira Gálvez,1ºESO:A

    ResponderEliminar
  3. A verdade é que non son moi fan do teatro. Foron moi poucos os libros que conseguín rematar neste xénero literario, e un deles foi este: O achado do castro.
    Pareceume un libro entretido aínda que votei en falta máis páxinas, xa que era o narrador o que explicaba que pasaba nestas porque, ao parecer, non se puideron recoñecer e por mor de non cambiar a obra decidiron deixar un oco.
    Aínda así estou orgullosa: rematei o libro con éxito! E ademais, encanoume!


    Erea Garcés, 1C.

    ResponderEliminar
  4. Este libro gustoume moito por diferentes motivos. Por exemplo, a escena na que Carmiñae lle conta ao seu pai, o Emperador, como ela e Manolitus se coñeceron.
    O que máis me sorprendeu foi o final, non me esperaba que o Emperador e Arpexia casaran. Pensei que, xa que os dous pais estaban en desacordo co amor dos seus fillos, rematarían odiándose.
    En xeral gustoume moito, non pensei que un libro teatral poidera interesarme tanto. Equivoqueime.

    Paula Pérez. 1ºC

    ResponderEliminar
  5. Eu creo que as boas historias deben unir persoas, e desde o primeiro día que comecei a lela con todos os membros do Club de Lecura quedei convencida de que esta historia é unha delas.Despois,xa na casa, o meu irmán e máis eu lémola xuntos, repartímonos os personaxes e pasamos un moi bo rato.Este libro conta unha historia, con moito humor, sobre un amor prohibido localizado no Imperio Romano. Pareceume un xeito moi orixinal de contar unha historia de namorados , que fai engancharse tanto a maiores como pequenos.É un libro que podes ler con toda a familia, e ademais de ter asegurado un rato entretido, todos escacharan coa risa; aínda que coma moitos dos demais lectores, pareceume que algunhas follas quedaran polo camiño , tal vez un desenlace demasiado precipitado.

    Helena Pérez 2ºA

    ResponderEliminar
  6. Este libro e moi divertido porque mezcla a comedia coa historia antiga e oxala faxan mais libros como este.

    ResponderEliminar
  7. Caleno e catulo pobre deles os descubriron pero sorte que os liberan e citron morreu dun ifarto pobre del foi moi divertido

    ResponderEliminar
  8. Mauel Trincado Alonso14 de diciembre de 2015, 3:39

    O lbro pareceme un pouco erótico pero divertido onde mais divertnme foi no seundo acto cando o emerador preguntaes ao Manolitus e, a súa filla, a Carmiñae e repite todo o temo <<¿En Napoles?>> e contestanlle que si e el di <> e ademais tamen mentres contan a istoria intervén e di cousas graciosas. Esa foi a parte que gustoume mais de todo o libro.

    ResponderEliminar