jueves, 12 de noviembre de 2015

LIBROS DE LECTURA. 4º ESO. Curso 2015 - 2016


12 comentarios:

  1. Benvidas e benvidos, damos e cabaleiras! Abran paso e deixen correr o aire pois a Gran Saga acaba de chegar a vosa cidade! Engaiolantes gráficos, pasmosos efectos especiais, abracadabrantes actores e actrices, e cunha trama insólita. Deixen aterrar a…
    “BONE”
    Autor: Jeff Smith
    Formato: Banda deseñada
    Primeira edición: Xullo de 1991
    Editorial: Cartoon Books
    Editorial española: Astiberri
    “Algún punto de interese inicial?
    Si, que leades esta saga e que comentedes que vos pareceu.”

    Ben, queridos espectadores, velaquí a miña máis recente lectura deste formato. Bone, a rocambolesca aventura duns curiosos personaxes brancos de portentoso nariz nun lugar de costumes totalmente diferentes as seus. Nestes nove libros –divididos metodicamente con fins económicos- relátase, pois, como tres bones (nome da súa raza) curmáns son expulsados da súa cidade, perdidos no deserto, reatopados nun val e que se ven involucrados nunha guerra.
    -Phoncible P. Bone é o culpable do exilio seu e dos seus curmáns. Avaro, egoísta e manipulador, e todo momento está a matinar como facerse rico. Isto créalle moitos problemas ao longo da trama. Só nas situacións máis adversas, dáselle por pensar nos seus familiares (e a meirande parte das veces para que o axuden).
    -Fone Bone: o protagonista. Intelixente, humilde, amable, sentimental e valente a tempo parcial.
    -Smiley Bone: pouco intelixente, positivista e moi, moi amigo dos seus amigos. É o máis espigado dos bones presentados na saga. Que quede entre nós e o resto da Web: é un dos personaxes máis graciosos ao meu parecer.
    Vale, vale, vale. Pois ben, estes tres personaxes pérdense no deserto tras ser expulsados da súa cidade, Boneville. De repente, unha invasión de lagostas separa a Fone Bone dos seus curmáns. Este atópase primeiro con:
    -Thorn Harvestar: rapaza de non máis de dezaseis anos, amable, agarimosa, valente… É roxa de ollos azuis e cunha esvelta figura para ser granxeira. É humana.
    Esta moza dálle abeiro na granxa da súa avoa, a…
    -Avoa Ben (nome real, Rose): é unha dura granxeira quen de correr contra vacas a pé e gañarlles. Ten un carácter moi forte. Tamén humana.

    ResponderEliminar
  2. Grazas á axuda destas dúas, Fone Bone consegue atopara aos seus curmáns e, a partir de aí, a cousa líase de boa maneira.
    Como xa dixen, e se non o citei dígoo agora, existen moitas criaturas neste val. Os principais son as mostrorratas e os dragóns. As mostrorratas son seres peludos cuadrúpedes e viles, que adoitan vivir nas montañas. Os dragóns son unha lenda e poucas persoas cren neles. Disque tiveron que loitar todos xuntos contra a Raíña dos Dragóns cando esta toleou e, grazas ao fragor da batalla creouse o val. Viven baixo terra. Supostamente, ambos grupos de seres firmaron unha paz para manter a orde no val. Mais esa paz rómpese polo regreso do Señor das Lagostas, ó mando do exército de mostrorratas. Porén, os dragóns deciden non intervir e dormitar ata que a guerra remate (todos menos un).
    As mostrorratas lévanse mal cos humanos, xa que son os que controlan todo o val, practicamente:
    https://conunvasodewhisky.files.wordpress.com/2012/01/bone.jpg
    http://lh4.ggpht.com/-9boia2SHrgs/UGSOQFWzerI/AAAAAAAAB20/HDPRGvjvIDY/Bone_Mapa_thumb%25255B1%25255D.jpg?imgmax=800
    E os dragóns néganse a defendelos… que será deles?
    Pois a trama aquí é bastante complexa de explicar se non les a novela gráfica. En resumidas contas: a Avoa Ben resulta que foi raíña antes da caída do Reino (cando Thorn era pequena), e, xa que mataran aos pais de Thorn; ela pasaría a ser a princesa. Ambas son líderes dun grupo de forzas oníricas. E, sorprendentemente, encarnación do Señor das Lagostas (o Encapuchado) é a irmá de Rose (a Avoa Ben), a antagonista en todos os aspectos.
    En galego o nome da Avoa vaille ao pelo; Ben. Ela, e todo o que representa (o Reino, os humanos, os seus ideais, os dragóns, etc) son tomados segundo o autor como os “bos”, mentres que os demais son os “malos”. Os bones toman partido e axudan moito (algúns máis que outros…).
    Desenvólvese a loita anteriormente citada. Leas. Sacrificios. Momentos angustiosos. Morte de personaxes aos que lles colles cariño. Moito, moito esforzo.
    Guerra…
    Gañan os “bos”. Complicadillo, pero conseguen gañar. E, como dende o inicio quería Phoncible P. Bone, voltan os tres bones a Boneville, tras unha melancólica despedida e un tesouro real cargado no carro listo para arranxar os problemas do exilio (ou iso cre el).

    A miña opinión? Non fai falta. Que va, deixa, deixa. Se insistes…
    Gustoume moito, moito, moito. Moito. É a segunda vez que a leo e volveume encantar, aínda que pasaran xa catro anos. É impresionante, cunha combinación única de humor e épica. Como unha cana de pescar, engánchate. E, como se le taaan rápido (adoito ler “libros-de-todo-letra”, gústame darlle ao miolo), non paras de ler, e ler, e ler, pois a ver que pasa e, e, e…
    Hai que dicir que os volumes, a historia, vai evolucionando dende todo humor cara a épica (aínda que sempre con ese matiz gracioso en combinación con personaxes como Phoncible e Smiley).
    Gustaríame dicir que nalgúns debuxos as caras ou as medidas dos corpos están bastante cambiadas ou desproporcionadas, contrapoñendo este aspecto cos mangas (como “Blue Exorcist”) nos que, a parte de ter moitos máis planos diferentes, todo está medido e calculado. Quizais o autor pensouno á mantenta así, mais é o único aspecto estraño que atopo na lectura.
    Outros puntos de interese?
    Si, que leades esta saga e que comentedes que vos pareceu.

    Xian Faro Rodríguez, 4ºA

    ResponderEliminar
  3. (Gustaríame comentar -tamén- que ao publicar este comentario se introduciron certos caracteres amolantes que provocaron faltas de ortografía, contradecindo ao documento orixinal e facendo quedar mal a un servidor. Pero quedádevos coa copla xeral. Grazas! :) )

    ResponderEliminar
  4. “Percy Jackson e os Deuses do Olimpo” e “Os heroes do Olimpo” por Rick Riordan.
    Editorial española: Salamandra.
    Lector: Xian Faro Rodríguez, 4º A ESO (ou aquilo).
    Benvido:
    Rick Riordan é un autor de cincuenta e un anos que manifesta certo gusto por escribir libros sobre mitoloxía, como esta saga de dez libros. Porén, é mester salientar que son dez libros, si , mais agrupados en dúas pentaloxías diferentes: «Percy Jackson e os deuses do Olimpo» e «Os heroes do Olimpo». Como podedes comprobar, mitoloxía chine... isto... greco-romana. Os feitos transcorren cronoloxicamente segundo a trama, pero existen diferenzas e, por suposto, comparten características. Moitas.
    O estilo narrativo non varía, cousa que o autor debería de ter en conta sen usar calculadora. Rick Riordan emprega un estilo que entrecruza situacións, accións, sentimentos e pensamentos dos personaxes con humor. Isto fai da lectura unha rede: ríste, é amena, engánchate á lectura... os cinco primeiros libros. Igual a culpa foi miña pois practicamente lin un tras outro, non sei. O autor tamén emprega un inicio sorprendente e un final desesperante (no sentido de que queres saber que pasará) en ca-da-ca-pí-tu-lo. Quero remarcalo ben pois apaixoume a imaxinación que ten este home expresándose. Por exemplo, pódeche abrir un capítulo cun «Voar cun jetpack de CocaCola axitadas era o que sempre desexara Percy» e rematar tal que «Totalmente desarmado, decidiu facerlle fronte á morte. Mirou a Tártaro aos ollos.». Evidentemente, con estes libros sempre fai falla un peite. Xa sabedes, acabas cos pelos de punta, ben pola situación, ben porque un mesmo se sae das súas casillas.
    Ben a cuestión é que escribe bastante moderno este autor texano (EEUU).
    A primeira saga é narrada en primeira persoa dende o punto de vista do protagonista, Percy Jackson. Non pensedes que por isto ten unha visión bastante reducida, que va! O autor atribúelle a Percy (e ao resto de /censured/ -non vos quero spoilear, por agora- coma el) a enfermidade de déficit de atención por hiperactividade para axudarse nestes aspectos (imaxino). Moitas veces espráiase a describir un momento determinado e logo remata cun monólogo interno de Percy en:
    «Isto foi o que me deu tempo a comprobar cun vistazo.»
    E xa está, para que complicarse?
    A segunda pentaloxía ten un narrador en terceira persoa identificado. Isto dálle xogo a que as accións se desenvolvan en lugares diferentes con personaxes alternos, e permítenos ós lectores máis acérrimos internarnos e coñecer en profundidade ditos personaxes. E con isto o moi cabrito de Rick (con amor) corta un capítulo no momento menos idóneo para o lector, facéndome levantar a polo peite.

    ResponderEliminar
  5. Vale. Vale, vale. De acordo... de acordiño. Ata aquí todo claro? Non? Entón tes que ler os libros.

    A partir de aquí non aseguro nada. Filtrarei datos, seguramente, moi relevantes. Non aconsello seguir; este é o meu traballo.
    O tema desta saga é a existencia real dos seres propios da mitoloxía grega e romana nos nosos días.
    Agora, collemos unha pa e escavamos no que isto di.
    Nesta mitoloxía existían semideuses; son os protagonistas destes libros (Percy, Annabeth, Leo, Hazel, etc).
    Nesta mitoloxía había continuos problemas telequintianos (Sálvame, Sálve Deluxe, Especial Sálvame, Sálvame Noite, Sálvame xa, Socorro que me caio, etc.) a escala divina; agora na idade contemporánea e en medio de Nova York, por exemplo.
    Nesta mitoloxía moitos seres que tiñan constancia, como os sátiros -versión grega- ou os faunos- romana; son diferentes, que conste; participan en multitude de tarefas como base fundamental do argumento.
    E outras moitas cousas.
    Outra gran diferenza entre estas dúas coleccións é que mentres que na primeira existen as versións gregas de todos os seres desta mitoloxía, a segunda incorpora a romana (deixa ben especificado o autor que a mitoloxía romana é unha usurpación da grega con certas matizacións oportunas).
    De que vai toda esta merd… complexa diversificación varia? Pois a ver, sintetizando densamente a primeira pentaloxía...:
    Percy Jackson, descobre que é un semideus, fillo de Poseidón e da súa nai humana. Poseidón é un dos tres grandes –Hades, Poseidón e Zeus-, os cales prometeran non ter máis fillos pois os que tiñan eran demasiado poderosos e cambiaban o transcurso da humanidade drasticamente (séxase Adolf Hitler, séxase Michael Jackson). Pois grazas ao seu proxenitor, debe ser un dos líderes na loita contra o exército de Chronos, o grandioso e malvado titán do tempo (e non precisamente ao das choivas ou o vento) que está a recompoñerse. El e @s seus nov@s amig@s/ compañeir@s (e un irmán ciclope, fillo de Poseidón) viaxan por miles de paraxes que varían dende o Olimpo (situado en Nova York) ata o Inframundo ou mesmo o Labirinto do Minotauro (propiedade de Dédalo).

    Xa sei, xa sei, todo isto é moi espeso, empalagoso, denso, etc. Síntoo, é o que hai. Coidado!, que agora ven a segunda! Non vos desanimedes, só vos estou escachando toda a trama argumental, nada máis:

    ResponderEliminar
  6. Novos personaxes, como Jason, Piper, Leo, Hazel e Frank terán que afrontar o seu destino como semideuses, xunto con outros da anterior colección (Percy, Annabeth, Nico,…). A nai terra, a deusa primixenia Gaia está a despertar, tras un longo letargo, cun único fin: derrubar o mundo tal e como o coñecen e reformalo para os seus fillos. Unha viaxe única ata as Terras Antigas (Roma, Grecia) , amotinamentos no Campamento Xúpiter (romano), amor, desamor, loitas a morte e contra a propia morte. Final feliz.


    Respecto ó espazo, xa vedes, EE.UU., Canadá, Italia, Grecia, o Olimpo, o Inframundo, a illa Oxixia, barcos mecánicos con camarotes máxicos, campamentos para semideuses e moooitos outros lugares apaixonantes. Nalgúns instantes cítanse (só se citan), así mesmo, some diferent places in EE.UU. ás que os personaxes non se desplazan, pero que son necesarias para intimar na vida de cada un deles. Despois de dez libros, cólleslles cariño.
    Brevisimamente; o tempo interno, como podedes deducir, é o propio dunha obra narrativa. Analepses e prolepses sobre a base dos pensamentos do personaxe que se está a falar no momento (lembra, narrador en primeira persoa protagonista e narrador en terceira identificado), cunha base cronolóxica continua. Ás veces relátanse dous feitos que sucederon asemade dende puntos de vista diferentes. O externo é, maiormente, na actualidade. Ás veces fanse mencións a outras épocas.
    Agora que xa sabedes todo isto, seguro que tedes moitísimas gañas de ler calquera outra cousa que non sexan estes libros. Entendible. A miña opinión espero que tamén a comprendades.
    Estes libros comecei a lelos no verán, curiosamente mentres avaliaba a posibilidade de aprender sobre mitoloxía. Eu, como lector adicto que son, ía camiñando co meu e-reader, en ristre cando me decatei de que, sen apuntar, acertara de cheo! (Corazonciños)
    Puntos positivos:
    -Teñen moita acción –ós personaxes férvelles o cu todo o tempo-, o que fai da obra algo entretido, continuo e que te mantén alerta todo o tempo.
    -O humor, imprescindible baixo o meu punto de vista xa que permite uns miúdos breaktime e unha memorización máis sinxela dalgunhas das moitas deidades.
    -A boa representación dos sentimentos e inquedanzas dos personaxes, en calquera dos dous tipos de narrador (directa ou indirectamente, quero dicir).
    -A incrible ambientación literal dos espazos: o autor xoga coas palabras para entretecer no mundo real unha serie de elementos que pertenceron a outra época, simulando unha vixencia fantástica. Cada deus, ninfa, espírito, ogro, centauro, xigante,… destes libros demostra como se adaptou ao mundo moderno, normalmente dun xeito moi singular –que Poseidón, deus do mar, vista de bermudas e camisa hawaiana mentres loita contra Tifón non é moi habitual-.

    ResponderEliminar
  7. Apartados negativos:
    -O abuso do mesmo xeito de expresarse é un fallo que moitos escritores cometemos. Estas novelas son moi lineais respecto á caracterización dos personaxes, e o autor non mostra unha maceración na súa escribanía (como por exemplo si que sucede nos libros de Harry Potter, de J.K. Rowling). A verdade, é o único fallo que lle atopo.
    Non sei. Se che gusta esta temática valo pasar bomba lendo estes libros… Ben, tal vez agora xa non. Acáboche de destripar os libros enteiros!!! Uaghaghaghagha!!!

    ResponderEliminar
  8. -Boas de novo e benvidas unha vez máis a Lectando (diverxente vocablo formada por “ler” e “comentando”). Coma de cotío, Xian Faro Rodríguez á palabra!
    [Banda sonora soada]
    -¡Grazas, grazas! Ben, toca poñerse serios. Hai que tocar un tema moi delicado. Hoxe, veño falar, dos continuos desastres que están a sufrir os linces! Ai non…. Perdoade un segundiño… extraviei os papeis… aquí tampouco están… pois vale, non pasa nada. Improviso. Eghem, eghem. Como dicía, hoxe veño falar –que era? Que era? Ah!- dun libro! Gheghe. Pois iso. Dun libro moi especial –bo, claro, agora lembro-:
    “Os Xogos da Fame”
    Esta novela prosaica fixo tolear a moitos dependentes das mesmas librarías. Por desgraza, a paixón lectora levou a compra masiva deste máis-vendido: os pobres vendedores non deron máis de si.
    [Drásticos violíns]
    -Vexamos (non con “M”, eh pillíns!): Suzanne Collins, escribá estadounidense, publicou no 2008 os inicios dunha triloxía logo coñecida maiormente co nome do primeiro libro “The Hunger Games”, escribindo con propiedade. NON MIREDES OS FILMES!!! Coidado coidadiño. Agharrade ben o cu ao asento que vou soltar unha boa: este mariflitupendo (palabra rexistrada no Dicionario do Sombrereiro) lino… EN INGLÉS! Si! Si, si, si!!! Deume por aí pois veredes, a min dánme arroutadas e dixen, “Contras! Raios e centellas! ¿E por que non leo na lingua materna esta recomendación que está, por certo para os que non se decataran, na nosa biblioteca (aínda que en castelán, xunto cos seus irmanciños maiores)? Así foi. Aprendín moito inglés, aínda que de cando en vez tivese que botar man da versión traducida para comparar e esas cousas. Respecto a isto, antes de meterme en profundidade na análise, quería resaltar con luces estroboscópicas a diferenza expresiva. Enténdase por isto como a puntuación, o emprego de palabras, o tipo de oracións, etc.
    Incisos.
    Punto un: Non. Por suposto que non. Evidentemente non me paro a analizar todos os detalles nunha lectura, mais son cousas que resaltan á vista.
    Punto dous: “Pois claro que todas as palabras son diferentes: unhas están en inglés e outras na nosa lingua!” Moi ben, xa fixen o chiste. Aliviado quedei. Prosigamos.

    ResponderEliminar
  9. Na versión orixinal (yes, of course, the original version)establécese uns parámetros de sinxeleza, concisión e sobreentendemento. Oracións cortas e palabras claras e xustas maiormente. Se cabe pode ser cousa da lingua inglesa, que cada vez deriva máis á eficiencia comunicativa e menos á expresividade cargada (e, aínda así, fermosa lingua).
    No formato traducido existe un sistema de alianzas entre as diferentes oracións simples da forma inglesa para fecundar xustapostas e coordinadas.
    E, como ben se sabe, nas nosas linguas (antes tecleei nosa debido a que penso que tan só existe a versión castelá; o meu voto non é diglósico) marcamos o inicio dun diálogo nun parágrafo a parte cun guión (ou cando menos os libros que leo eu maioritariamente). Os anglolectores non. Fan una macedonia, todo mesturado, tecleando unhas comiñas antes de cada proceso comunicativo verbal sen separar absolutely nothing de nada (ou cando menos, a versión electrónica que lin eu).
    Pasemos ao noso, que iso é experiencia.
    Prometo unha cousa que non aseguro cumprir: destripe á parte (se vos soa mellor, spoiler). Penso que é un libro que para aqueles patáns que non lles gusta ler porque nunca o intentaron e se bañan na súa propia ignorancia retroalimentando, mesmo con furia, ese perpetuo odio á linguaxe; é unha oportunidade incrible como inicio dun percorrido literario que vos levará a cantidade de mundos facéndovos vivir moito máis. E non mo compares coa Play, porque non ten punto de comparación. Son cousas bastante diferentes, coas súas vantaxes e inconvenientes -ambas-, pero que, na miña opinión, triplica a pena ler. De nada.

    ResponderEliminar
  10. Comecemos, pois, co análise superfluo:
    O tema: A supervivencia dunha moza nun distópico EE.UU., dividido e controlado polo Capitolio.
    E asegúrovolo, carece de aburrimento. A voz narrativa é a propia protagonista, Katniss Everdeen, que relata o que lle sucede a tempo real ou con elipses, creando maiormente un fluxo narrativo intenso e sen complicacións lingüísticas. Quero dicir: a lectura nos nosos idiomas faríase perfectamente sen ningún dicionario.
    O espazo, así por botar a tanza a ver se picades, é aberto. Salvaxe. Aínda que estean dentro dunha construción: déixovolo a vosa imaxinación...
    Ah! E a obra está ambientada nun posible (e non pouco probable) futuro.
    Definitivamente en conxunto podemos clasificala, penso eu, nunha obra de aventuras, ciencia ficción, shounen (así define a linguaxe nipona) e romance...
    Que bonito...
    NON VEXADES AS PELÍCULAS!!! Estropéanche toda a emoción...
    Para saber sobre personaxes, grosor dos libros, ou calquera outra cuestión relativa, gastade ou spend o voso time reading este book.
    Como? Oín algho? Que queredes a miña opinión? Clarooo, por supostoo. Concienzudamente subliño o seguinte. Os linces debían estar protexidos con sendos gardacost... eh... iso non era, verdade? Estábavos poñendo a proba. Si. Ben. Pois que queredes que vos diga? Como xa se puido ler entre liñas, este foi un libro co que disfrutei a cachón. Un libro que merece a pena ler e que debería estar traducido ao galego, se non o está xa. Este novela supuxo dous retos para min nun primeiro momento:
    -Lelo en inglés.
    -Pasar a miña vista por letras comerciais.

    ResponderEliminar
  11. Téñolle certa xenreira a escritores que escriben por gañar cartos e nada máis. Xente que ten estilo e o aproveita para baleirar petos sen facer nada novo, sen quebrarse o miolo para aportar novedosos métodos narrativos (de calquera clase: personaxes insólitos, novos tipos de descrición, crítica…) á nosa comunidade literaria. Continuando a tradición, como a ulterior obra triunfante. Estou en posesión do Máis alá, e non podo facer nada por evitalo.
    Porén, non atopei nesta obra o que caía de caixón esperar. Ao empezar a ler, xa notas unha forte crítica contra a sociedade que se desenvolve ao longo de todo o libro, por exemplo. Algunhas veces de xeito directo pero, maiormente, con tacto e sutilidade, penso eu.
    Logo si, por suposto, hai mercadotecnia (ou marketing) polo medio; non é moi repugnable así que se pasa ben.
    A historia ten moita acción, aviso pero -xa volo adianto para que vos fixedes cando o leades- a prota nunca fai as súas necesidades.
    Moitas grazas por seguir aquí e xa sabes, se che gustou este comentario non deixes de ler os posteriores e subscríbete ao blog do Carlos Casares (ou mellor aínda, vótame para o concurso).
    Deica loghiño!
    P.D.: Vellos escritores nunca morren. Outra última recomendación por favor: estaría ben que os comentarios se puidesen subir noutros formatos cunha facilidade organizativa e disposicional dos textos maior. Xa está, desta si. Vémonos!

    ResponderEliminar
  12. Libro: La perdición.
    Autora: Ana Collomore.
    Argumento (no cuento el final por si hay alguien a quién le interese leerlo): Una chica llamada Annie decide comenzar una nueva vida en California, lejos de su antiguo hogar, donde había tenido una infancia dura. La familia Cohen, compuesta por un joven matrimonio con dos hijos, está dispuesta a pagarle la Universidad Estatal de San Francisco y a acogerla si ejerce las funciones de nanny a media jornada.
    Por fin parece que Annie consigue escapar de su pasado para pasar a tener una vida perfecta, con una familia perfecta, en una ciudad perfecta… En cambio, pronto la actitud de la señora Cohen (que con sus 24 años de señora no tiene nada) pasa de ser cálida y amistosa a seca y enfermiza. Annie empieza a perder la cordura mientras es culpada de cosas que no recuerda haber hecho y su cuarto, donde solía refugiarse, pasa a ser una habitación sin cerrojo y cubierta de papel amarillo. Todo esto mientras comienza una aventura amorosa con su vecino Owen, un joven de aspecto atlético que no parece caerle muy bien a la señora Cohen.

    Había visto el libro antes en una librería y me resultó interesante, por lo que al ver que lo tenían en el instituto me decidí a cogerlo. La verdad es que me esperaba que acabase siendo una historia de miedo o misterio, de esas en las que comienzan a pasar cosas raras en una casa y casualmente el protagonista descubre una habitación secreta donde comienza una aventura. Pero lo único que eso tiene en común con el libro es la palabra misterio. La base de esta historia es una batalla psicológica entre Annie y su situación, motivada por su fragilidad emocional.
    Uno de los motivos por los que me gustó el libro es porque no es la típica historia de amor universitaria sobre la cuál se basa absolutamente todo, sino que tiene algo más. Desde el principio sospeché que la señora Cohen no era de fiar y que esta estaba intentando que Annie creyera que se estaba volviendo loca. Entonces, a medida que pasaba las páginas, empecé a dudar. Ya no sabía si era verdad que ella quería que se pensase eso o si Annie estaba loca realmente, ya que al estar escrito en primera persona y poder leer sus pensamientos, lo llega a parecer. Esa sensación de sentir la misma duda que la protagonista sobre su propia cordura fue el punto más interesante del libro, ya que no muchos te hacen meterte tanto en la piel del protagonista.
    Otro punto a su favor es que está ambientada en un lugar al que me gustaría ir (bueno a mí y a mucha gente). Tampoco es que abunden las descripciones sobre el paisaje, cosa que me hubiera gustado, pero sí que habla del estilo de vida californiano comparándolo con el de Detroit. En ese sentido es una historia más realista, porque al contrario de la mayoría de libros donde los protagonistas vienen de familias normales o acomodadas, este cuenta como ha sido crecer en una familia con problemas.
    El libro se deja leer bastante rápido, hace que necesites seguir pasando las páginas para descubrir el misterio de la familia Cohen. En cuanto al final, es bastante inesperado. Por mucho que haya alusiones en ciertas partes, nunca se te va a pasar por la cabeza lo retorcido que puede llegar a ser.
    El único fallo que le veo al libro es que es un poco “repetitivo”. No me malinterpretéis, no quiero decir que sea malo, sino que en mi opinión le falta un poco más de trama, alguna que otra historia secundaria para que no se dé vueltas alrededor de lo mismo siempre.
    Para terminar me gustaría decir que si a alguien le interesase leer alguna historia con un argumento distinto al de las típicas novelas, vale la pena que pase un rato con este libro entre las manos.

    Eneritz Somoza Rodríguez 4ºB

    ResponderEliminar