jueves, 17 de diciembre de 2015

POR QUE NON EN GALEGO?

O pasado luns 14 de decembro, os grupos de primeiro e segundo de Bacharelato asistimos a un relatorio no Salón de Actos. Tivemos o gusto de recibir ao filólogo e escritor Manuel Núñez Singala. Ao longo da súa carreira como escritor foi introducíndose nos diferentes xéneros: teatro, narrativa e ensaio. É un acérrimo defensor da letra impresa porque, segundo el di "axúdanos a pensar".
Comezou a súa intervención facendo unha breve reseña do seu traballo vinculado coa Universidade de Santiago e da súa obra publicada. A seguir introduciunos no tema do relatorio: Por que non en galego? Achegounos unha visión diferente sobre a cuestión da lingua: por que temos que elixir entre dúas linguas cando temos a posibilidade de utilizar as dúas? Fíxonos ver outros puntos de vista e sobre todo, a través de diferentes vídeos, abriunos os ollos fronte á presión que exerce a sociedade en nós, como sen querelo actuamos como a maioría.
Fíxonos ver a necesidade de coidar a nosa lingua, é o noso patrimonio e necesita da nosa voz para que non se perda.
Foi unha gran charla e gustaríanos moito que volvese.

Autores: Isaac Villar Romero e Antía Andrés Fernández




No hay comentarios:

Publicar un comentario