lunes, 15 de febrero de 2016

OS ROELIBROS VOLVEN REUNIRSE

O pasado venres, 12 de febrero, volveuse reunir o Club de Lectura Os Roelibros. Xuntámonos para repartir lecturas, cadaquén elixiu a que mellor lle acaía. Nun par de semanas volveremos reunirnos, xantaremos xuntos e compartiremos impresións sobre estas lecturas: de medo, de amor, de humor, de aprendizaxe, poemas e relatos...













20 comentarios:

  1. Eu lin O Vello Poeta gustoume moito o conto pero eu quédome co poema, a miña parte favorita, espero ler mais poemas e contos asi.Jose Manuel Riveiro 1A.

    ResponderEliminar
  2. o libro que elixín gustoume moito porque a poesía encántame e o contido foi entretido a vez que divertido.Adhara Alonso Rodriguez 1A

    ResponderEliminar
  3. Daniel Bugallo Santos14 de abril de 2016, 3:34

    A min encantáronme os textos: son amenos, devóranse nun intre e ademais son moi graciosos. A historia que máis me gustou foi na que os nenos bótabanlle refugallos de cabra na pipa ao noivo da irmá maior. O malo é que os anacos son demasiado breves, poderían ser un pouquiño máis extensos...
    En definitiva, parecéronme xeniais os textos.
    Daniel Bugallo 1A

    ResponderEliminar
  4. Os libros que lin pareceronme un pouco macabras pero reflexa perfectamente o dano que fan os homes sobre as mulleres e tamen pareceme importante que o presente de maneira non moi forte para que os mais pequerrechos non sofran tanto. Pablo Fernández 1ºA

    ResponderEliminar
  5. lara pampillón ubeira 2ºa


    Eu lin o libro de "contos de terror do tio montage" e " historias das mulleres galegas" que nos deron no clube de lectura. O que mais me gustou foi o de terror, lin a chegada do neno a casa do seu "tio avo", ou algo asi, este comezou a contarlle un conto.Xusto remataba as fotocopias cando máis interesante se puña. espero ler a segunda parte.

    o da historia das mulleres fixome moita graza, e as ilustracions eran moi graciosas...

    ResponderEliminar
  6. Eu lin Boy de Roald Dahl. Hei de confesar que se me fixo curto, aínda así disfruteino e obligoume por sí só a prestar atención ao que estaba a ler.
    As ideas que aporta o libro parécenme divertidas, porque... a quen se lle ocorre meter unha rata morta nun tarro de caramelos? Seguro que só a estes nenos aos que Roald Dahl deu vida e nome propio.
    Gustoume o feito de que uns rapazolos así non poidan pasar por diante dunha confitería sen pararse a observar, recordoume aos episodios de Pipi Calzaslargas que tanto via de nena.
    Tamén chamoume a atención os sorbetes coa palliña de regalicia e a reacción do autor ao confesar o difícil que resulta falar dun mesmo, ten toda a razón: a verdade é máis importante cá modestia.

    Erea Garcés 1°C

    ResponderEliminar
  7. Teño que confesar que cando as profesoras nos deron estas follas grampadas , pensei que nelas só podería atopar historias simples , aburridas , sen esa cousa que fai que te adentres e sexas un máis .
    As follas que me deron poñen , nunha letra que recoñezo perfectamente , Contos e poemas para un mes calquera .
    Comecei a lelas un día mentres agardaba polo meu pai . Esa fusión de poemas e narracións encantoume porque me gusta moito a poesía pero , ás veces , faiseme monótona .
    O meu poema-narración favorita é a do día 3 ( O pequeno punto case invisible ). Realmente é certo o que conta , aínda que non nos decatemos , todo funciona gracias a unha cousiña case inapreciable . Isto pode aplicarse a persoas , por exemplo os docentes do noso centro como as limpadoras , porque aínda que non apreciamos o seu traballo non poderiamos convivir no instituto sen elas .

    Helena Pérez 2º A

    ResponderEliminar
  8. O libro que tocoume ler foi "BOY" escrito por Roald Dahl. A primeira impresión que sentín ao ver todas esas follas foi "mala", hei de confesar que a lectura en galego a verdade é que non me entusiasma moito, pero con este curto relato equivoqueime.
    O principio do libro pareceume moi triste, o feito de perder de cativo á xente que queres, é unha cousa que non podo nin imainar. É certo que canto máis avanzaba a historia, ía alegrándose. Non solo polo feito de encontrar bos amigos, senón por todas as locuras que facían xuntos. Que neno non facía algunha vez unha tontería? Ou, que neno nunca inventa algunha historia fora do normal? Por exemplo a historia dos cordóns de regalicia feitos por sangue de ratas mortas. E todas aquelas aventuras... coma a de poñer unha rata morta no bote dos inchafazulas...
    Solo polo feito de inventar algunha trasnada de rapazolo dache o dereito de sentirte coma un heroe, ou polo menos eso é o que entendin neste curto e bonito relato.

    Paula Pérez 1ºC

    ResponderEliminar
  9. Eu lin o libro de `Historia das mulleres galegas´,paréceme un libro xenial co que se pode aprender moitísimo e co que te podes rir.Dentro deste libro o apartado que máis me gustou foi o das mulleres analfabetas,pois creo que non se debería educar dicindo queo poder só o tiñan os homes e tamén penso que non é correcto só ensinarlle ás mulleres a ser boas casadas ou así.
    Outro detalle que tamén me gustou do libro foron as súas imaxes,estas recórdanme un pouco ás que aparecen nalgúns periódicos que me fan rir.De todas as imaxes a que máis me gustou sen duda é a de Mulleres pluriempregadas,pois paréceme moi gracioso o que lles di a avóa aos seus netos.
    Elda Álvarez Riveiro 2ºC

    ResponderEliminar
  10. Manuel Trincado Alonso18 de mayo de 2016, 3:02

    A min gustoume moito o conto porque, ademais de ter un contido magnífico, está escrito en dúas modalidades: en prosa e en verso. É moi interesante o texto sobre o poeta e que por cada día se escriba un poema. É xenial porque utiliza as dúas modalidades para falar do mesmo.

    ResponderEliminar
  11. O meu libro Historias das mulleres galegas e un libro moi interesante , trata da nosa historia , da historia pola loita da igualdade entre as mulleres e os homes.Nel encontranses as numerosas fazañas realizadas polas nosas maravillosas mulleres,fazallas que a maioria foron moi importantes , grazas a algunhas delas agora todos somos iguais . Un libro moi
    interesante .
    Elena Estevez Couñago 2ºA.

    ResponderEliminar
  12. o meu libro e o de historias das mulleres galegas,o libro gustoume moito xa que me din conta do duro que é ser muller.

    adrian molares comesaña 2a

    ResponderEliminar
  13. Cando na primeira reunión do club de lectura e nos deron os titulos daqueles libros que case non coñecia, pensei que non ía a haber eses contos mravillosos que me tocou ler.
    Eu lin o libro Historias das mulleres galegas.
    O libro Historia das mulleres galegas, pareceume un libro que transmitia moi ben como vivían as mulleres na época dos nosos avós e o que facían. A verdade e que me gustou moito, porque coñecín a historia de varias mulleres incribles galegas que loitaron por ser o que querian ser, cun toque de humor.
    Antía Varela Hermelo, 2º A

    ResponderEliminar
  14. Cando na primeira reunión do club de lectura e nos deron os titulos daqueles libros que case non coñecia, pensei que non ía a haber eses contos mravillosos que me tocou ler.
    Eu lin o libro Historias das mulleres galegas.
    O libro Historia das mulleres galegas, pareceume un libro que transmitia moi ben como vivían as mulleres na época dos nosos avós e o que facían. A verdade e que me gustou moito, porque coñecín a historia de varias mulleres incribles galegas que loitaron por ser o que querian ser, cun toque de humor.
    Antía Varela Hermelo, 2º A

    ResponderEliminar
  15. A min gustoume moito o que lin tiven que lelo as presas pero reflexaba perfectamente a influencia dos homes sobre as mulleres, teño que dicir que cando mo entregaro no me chamou nada a atención parecíanme so unhas cantas follas e punto, pero ahora que o lin quedei moi contenta

    Carla Táboas 2ºA

    ResponderEliminar
  16. Eu lin "Boy" de Roald Dahl e "Historia das mulleres galegas" de Pepe Carreiro.
    Ao principio,pensei que esas follas grampadas que nos deron ían ser as típicas historias que se mandan ler,pero que non teñen unha boa trama.
    Equivoqueime.
    As dúas lecturas son bastante boas.
    Co libro de Pepe Carreiro,averiguas como vivían noutrora as mulleres da nosa terra,mentres que co de Roald Dahl,coñeces a un xoven,que,como protagonista,fálanos de de anécdotas da súa infancia,do seu paso polo colexio...
    Se tivese que elixir un dos dous,probablemente sería "Boy",ao que pertence a escena que máis graza me fixo entre os dous libros: o momento onde o rapaz pon cagallas de cabra secas na pipa do namorado da súa media irmá. Sobretodo,fíxome graza a reacción do home.

    Aixa Montero Ferreiro 2°C

    ResponderEliminar
  17. Eu lin a Historia Das Mulleres Galegas.
    Ao principio de todo cando só habia lido a penas catro lineas pareciame aburrido.
    Pero a medida que iba abanzando era como de me sumersixe nas historias ‚como se o vivira eu!
    Conta cousas moi interesantes sobre as mulleres galegas ‚pero o mellor no é oso o mellor é que todas as historietas teñen un chisco de picardía!!
    Sen mais demoras digo que é un fantástico libro que mezcla un pouco de historia ca sua gracia e aventuras!!!

    Alba Alonso 1°C

    ResponderEliminar
  18. Eu lin "boy"de Roald Dahl.
    Este libro pareceume divertido,pero ao principio pereceume moi triste.
    Faciame moita graza as trasnadas do rapaz.
    Mariña Castelao Graña 2ºC

    ResponderEliminar
  19. Samuel Lago. 1ºB27 de mayo de 2016, 3:06

    O libro A Historia Das Mulleres Galegas recoméndovolo porque demostra o que poden chegar a facer as mulleres.

    ResponderEliminar
  20. Rodrigo Mera 1ºB27 de mayo de 2016, 3:14

    Gárgola é un libro de misterio e medo, escrito por Carlos Vila Sexto,na miña opinión, unha obra mestra.É unha historia que, a medida que avanza, a trama faise máis confusa e escura, unha combinación que fará que nas últimas páxinas o teu corazón se vire completamente.A historia faiche seguir, para poder entender o que estás a ler. Un libro que rematará facéndoche reflexionar sobre a túa vida, e asegúroche que as últimas palabras quedarán marcadas na túa mente de por vida.

    ResponderEliminar