martes, 19 de abril de 2016

CARLOS VILA SEXTO

O pasado venres, 15 de abril, o escritor galego Carlos Vila Sexto visitou o noso centro. O alumnado de primeiro e segundo de ESO tivo a oportunidade de escoitar o seu relatorio. Carlos falou das súas influencias na escrita: o mundo do cómic e dos superheroes (Superman, Spiderman), dos videoxogos (The last of us, Heavyrain), debuxos animados (Doraemon, David o Gnomo), películas (E.T, Goonies, Os inmortais), lecturas (El resplandor), escritores (Stephen Kin), etc. Un dos aspectos que máis valorou o noso alumnado foi a súa capacidade para sentirse adolescente, coma eles, e ser quen de acaparar a súa atención.
Carlos Vila falou tamén da súa faceta laboral como guionista de series tan recoñecidas como: Los misterios de Laura.
O alumnado tivo a oportunidade de dialogar con el sobre os seus libros, en concreto sobre As sete mortes, Gárgola e O enigma de Caronte, libros cos que conseguiu sacar horas de sono aos nosos rapaces.
Moitas grazas Carlos pola túa segunda visita ao centro, e grazas tamén á Editorial Galaxia por facer posible esta visita e polo seu afán por achegar a literatura galega aos nosos mozos e mozas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario