domingo, 4 de diciembre de 2016

Teatro científico con ARTELLO TEATRO

Os días 7 e 8  de novembro, no auditorio do noso instituto, a compañía de teatro de Vigo ARTELLO TEATRO presentou  a súa obra "Non toques os meus círculos".  Estas foron, segundo conta a lenda, as derradeiras palabras de Arquímedes de Siracusa antes de morrer a mans dun soldado romano no século III a.C.
Este espectáculo fai unha reflexión en clave de humor sobre a difícil relación entre ciencia e poder, ademais de facer un percorrido pola figura de Arquímedes, os seus descubrimentos e inventos e como estes foron moi útiles na defensa da cidade.
En escena e botando man dunha maleta, un ukelele, unha bufanda e poucos elementos máis, Santiago Montenegro encárgase de dar vida a unha quincena de personaxes e da interpretación en directo das cancións do espectáculo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario