viernes, 13 de enero de 2017

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS 2016-2017

Títulos  propostos:


-Biografía gráfica de Ana Frank, editorial Norma. Esta obra vai un pouco máis alá da Segunda Guerra Mundial, remóntase a finais de 1914. Partindo da voda de seus pais, dá a coñecer a infancia da protagonista ata que a familia ten que buscar refuxio. A obra, con formato cómic, ofrece datos históricos que fan posible coñecer mellor o sucedido.






-El misterio Velázquez, de Elicer Cansino. A obra céntrase en Nicolás Pertusato, unha das personaxes que aparecen no cuadro das Meninas. O misterio xira arredor da Cruz de Santiago, que Nicolás terá que pintar, xa que Velázquez está doente.









-Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz. A autora conta, nesta historia escrita en galego, a súa propia vida de loita pola supervivencia, unha vida atrapada pola droga e o VIH.










-Sostiene Pereira, de Antonio Tabucchi. Unha novela histórica ambientada en Lisboa, en pleno réxime salazarista. Ó final do libro o autor explica que "pereira", como tódolos nomes de árbores frutais, é de orixe hebrea. Con iso quiso rendir homenaxe ó pobo xudeu, perseguido polos fascismos europeos daqueles anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario