sábado, 26 de febrero de 2011

OLLOS DE AUGA. Autor: Domingo Villar. Ed. Galaxia.


Novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense. Unha historia de misterio zarrapicada de ironía, unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores. Protagonizada polo inspector Caldas, un personaxe co que axiña se han familiarizar lectores e lectoras, esta obra combina suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humor nas doses precisas que esixe o xénero negro. Un novo autor para a literatura galega e unha novela na que lectura e diversión son sinónimos.