sábado, 25 de abril de 2015

CONTACONTOS

O alumnado de infantil dos colexios adscritos ao IES Carlos Casares -C.P.I Chans, C.P.I Carballal, C.P.I. Igrexa Candeán e C.P.I. Santa Mariña- recibiron, nos días 20 e 22 de abril, a visita duns contadores de historias excepcionais: o noso alumnado de primeiro de ESO. Nesta ocasión todos os contos rendían unha homenaxe ás matemáticas, así as nenas e nenos tiveron a posibilidade de ver como a Mosca Chosca contaba os seus convidados ou como Miguel necesitaba contar ovellas para poder durmir; ver virar un cubo xeométrico cos animais do conto do Elefante comellón; observar as diferenzas de tamaño entre as cuncas, as cadeiras e as camas dos Tres osos; seguir os ritmos musicais de Imos cazar un oso; ver como o ratiño ía amosando as partes do crebacabezas do Grúfalo ou comprobar a diferenza de tamaño entre os Chibos, Chibóns e Unha casa a medida. Esta actividade realizouse grazas á colaboración de: Educación Plástica e Visual, Lingua galega e literatura, Dinamización Lingüística e Biblocasares.

FEIRA DO TROCO

O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR, conmemorouse no IES Carlos Casares cunha serie de actividades que tiveron como protagonista principal o LIBRO: contacontos, encontro coa autora Ledicia Costas, Recital poético a cargo dun antigo alumno -Iago Guirado-, exposición de ilustracións e libros de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha e, como non podía ser doutro xeito, a terceira edición da Feira do Troco.

viernes, 24 de abril de 2015

LEDICIA COSTAS

O venres 17 de abril, Ledicia Costas, coa súa Escarlatina, a cociñeira defunta, veunos visitar dende o inframundo. A autora demostrou a súa enorme capacidade de fabulación e fixo das avoas e dos avós os verdadeiros protagonistas de todo o encontro. Rimos a cachón cos inventos asasinos do avó de Ledicia para matar gatos, paxaros e todo becho vivente que molestase o seu Seat Ibiza ou a súa horta. As historias das avoas galegas e o afán por asasinar mascotas tamén tiveron un oco: varios gatos saíron vivos, ou non, da lavadora mais, iso si, ben aseados. O alumnado de primeiro e segundo de ESO gozou coas lecturas de varias das súas obras: Escarlatina, a cociñeira defunta, Mortos de Ningures, Ouro negro, O corazón de Xúpiter ou a súa primeira obra escrita en plena adolescencia: Unha estrela no vento. Ledicia inspirouse, en todas elas, na vida real e persoal, sobre todo naqueles sucesos, acontecementos e persoas que deixaron e aínda están a deixar pegada na súa vida. A protagonista de Unha estrela no vento -Reina- está inspirada nunha compañeira de etnia xitana coa que compartiu estudos en Beade. En O corazón de Xúpiter puxo de manifesto o problema do acoso ou “bulling” tan presente na sociedade actual. Os elos de unión na obra de Ledicia van artellando cada un dos seus libros: o xénero feminino é o protanista en todas as súas historias: a cociñeira defunta, a moza de etnia xitana, a adolescente acosada ou a detective Nola; a predilección polos michos negros é outra das súas características, hai, por parte de Ledicia, certo afán en outorgarlles protagonismo. A través da súa escrita, a autora denuncia temas tan actuais como: a situación dos emigrantes, a discriminación racial, a contaminación do medio mariño, o acoso, etc. A partir da lectura de Escarlatina, a cociñeira defunta, o alumnado de primeiro de ESO realizou obradoiros nos que participaron as familias para logo agasallar a autora con deliciosos doces, unha torta do inframundo, o mandil da cociñeira defunta ou a propia Escarlatina convertida en fofucha. Grazas á autora por ter visitado o noso centro e por ser tan boa contadora de historias. Grazas tamén a Leandro e á Editorial Xerais por facilitarnos a organización deste encontro lúdico-literario, e sobre todo moitísimas grazas aos pais e alumnado do Carlos Casares por colaborar nas actividades ao redor do libro.

jueves, 23 de abril de 2015

Obradoiro de repostería

O xoves 16 de abril, as alumnas e alumnos de 1º ESO A convertéronse en verdadeiras Escarlatinas. Grazas á colaboración de Mercedes Hermelo e Jose Varela, pais de Antía Varela, todo o alumnado puido participar no Obradoiro de repostería. Merchi e Jose aprendéronos a facer pastas de té, fundir o chocolate ata alcanzar a temperatura perfecta para facer as piruletas de chocolate, rocas con améndoas, decorar divertidas e terroríficas pastas con cobertura de fondant, etc. Ademais de amasar, tamén nos foron dando algúns trucos para que as nosas receitas saian perfectas: sempre hai que pasar a fariña polo coador, a manteiga debe estar a temperatura ambiente, debemos moer o azucre e o sal que queiramos engadir á masa, pegar o fondant con leite condensado ou con clara de ovo mesturada con azucre... Moito aprendemos con estes grandes mestres da respostería!! Moitas grazas a Merchi e a Jose, pola súa amabilidade e paciencia con todos nós. Que riquísimas estaban as pastas, as piruletas, as rocas...! Que ben o pasamos!!

miércoles, 8 de abril de 2015

LO QUE HAY QUE VER.


El Día Internacional de los Museos se celebra, desde 1977, alrededor del 18 de mayo. En 2015, el tema propuesto es:  Museos para una sociedad sostenible. Se reconoce el papel de los museos para concienciar al público sobre la necesidad de una sociedad menos derrochadora, más solidaria y que aproveche los recursos de una manera más respetuosa con los sistemas biológicos.
Se pretende fomentar en toda la sociedad una mayor concienciación sobre las repercusiones actuales de la acción del hombre en nuestro planeta y de las necesidades de cambiar el modelo económico y social.
Con este motivo, Bibliocasares, en colaboración con el Departamento de Ciencias Sociales y Educación Plástica, te ofrece la posibilidad de admirar algunas de las obras pictóricas más representativas a nivel internacional. 
Desde el Guernica de Pablo Picasso, EL jardín de las delicias de El Bosco, La noche estrellada de Vicent Van Gogh, a obras de Gustav Klimt,, Paul Gauguin, Salvador Dalí... Un recorrido apasionante por el mundo del arte.  
Te espera en la entrada de nuestro instituto.