jueves, 17 de diciembre de 2015

CLUB DE LECTURA: O ACHADO DO CASTRO

O luns 17 de decembro de 2015, o alumnado do Club de lectura de primeiro e segundo de ESO tiveron a gran sorte de contar co escritor Manuel Núñez Singala, autor do libro que previamente leramos nunha sesión do club de lectura: O achado do castro. Pasamos unha hora moi amena e divertida:  Singala analizou os personaxes : Catulo e Caleno  e mais os soldados, establecendo paralelismos con parellas recoñecidas do mundo do cómic (Asterix e Obélix), da novela (Don Quixote e Sancho Panza). Ensinounos diferentes representacións da obra ao longo da nosa terra e realizada tanto por rapaces adolescentes como por adultos e incluso persoas que viven nunha residencia da terceira idade.



POR QUE NON EN GALEGO?

O pasado luns 14 de decembro, os grupos de primeiro e segundo de Bacharelato asistimos a un relatorio no Salón de Actos. Tivemos o gusto de recibir ao filólogo e escritor Manuel Núñez Singala. Ao longo da súa carreira como escritor foi introducíndose nos diferentes xéneros: teatro, narrativa e ensaio. É un acérrimo defensor da letra impresa porque, segundo el di "axúdanos a pensar".
Comezou a súa intervención facendo unha breve reseña do seu traballo vinculado coa Universidade de Santiago e da súa obra publicada. A seguir introduciunos no tema do relatorio: Por que non en galego? Achegounos unha visión diferente sobre a cuestión da lingua: por que temos que elixir entre dúas linguas cando temos a posibilidade de utilizar as dúas? Fíxonos ver outros puntos de vista e sobre todo, a través de diferentes vídeos, abriunos os ollos fronte á presión que exerce a sociedade en nós, como sen querelo actuamos como a maioría.
Fíxonos ver a necesidade de coidar a nosa lingua, é o noso patrimonio e necesita da nosa voz para que non se perda.
Foi unha gran charla e gustaríanos moito que volvese.

Autores: Isaac Villar Romero e Antía Andrés Fernández




jueves, 10 de diciembre de 2015

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS. Curso 2015 - 2016.

Títulos propostos:
Sueño profundo. Banana Yoshimoto.
Seda. Tres veces al amanecer. Alessandro Baricco.
Dime qué te pasa y te diré qué peli ver. Lara Malvesí y Sandra S. Lopera.
O ocaso da familia Portela. Noa Pérez González.
El túnel. Ernesto Sábato.
El hombre en busca de sentido. Viktor Frankl.
Musicofilia. Oliver Sacks.
Cuentos macabros. E. A. Poe.
Persépolis. Marjare Satrapi.
Don Quijote de la Mancha de Miguel de Cervantes. Versión en castellano actual de Andrés Trapiello.