O luns 17 de decembro de 2015, o alumnado do Club de lectura de primeiro e segundo de ESO tiveron a gran sorte de contar co escritor Manuel Núñez Singala, autor do libro que previamente leramos nunha sesión do club de lectura: O achado do castro. Pasamos unha hora moi amena e divertida: Singala analizou os personaxes : Catulo e Caleno e mais os soldados, establecendo paralelismos con parellas recoñecidas do mundo do cómic (Asterix e Obélix), da novela (Don Quixote e Sancho Panza). Ensinounos diferentes representacións da obra ao longo da nosa terra e realizada tanto por rapaces adolescentes como por adultos e incluso persoas que viven nunha residencia da terceira idade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario