martes, 19 de abril de 2016

O PRINCIPIÑO ARREDOR DO MUNDO. A colección de Carlos Casares.


A partir de hoxe e ata o 2 de maio poderemos deternos a admirar unha das coleccións do noso Carlos Casares: os Principiños en 92 linguas. A exposición, cedida pola Fundación Carlos Casares, forma parte da serie de actividades que se están a levar a cabo dentro do proxecto Galaxia Casares. Durante todo o mes de maio iremos dando a coñecer os traballos que foi realizando o noso alumnado durante este curso.




CARLOS VILA SEXTO

O pasado venres, 15 de abril, o escritor galego Carlos Vila Sexto visitou o noso centro. O alumnado de primeiro e segundo de ESO tivo a oportunidade de escoitar o seu relatorio. Carlos falou das súas influencias na escrita: o mundo do cómic e dos superheroes (Superman, Spiderman), dos videoxogos (The last of us, Heavyrain), debuxos animados (Doraemon, David o Gnomo), películas (E.T, Goonies, Os inmortais), lecturas (El resplandor), escritores (Stephen Kin), etc. Un dos aspectos que máis valorou o noso alumnado foi a súa capacidade para sentirse adolescente, coma eles, e ser quen de acaparar a súa atención.
Carlos Vila falou tamén da súa faceta laboral como guionista de series tan recoñecidas como: Los misterios de Laura.
O alumnado tivo a oportunidade de dialogar con el sobre os seus libros, en concreto sobre As sete mortes, Gárgola e O enigma de Caronte, libros cos que conseguiu sacar horas de sono aos nosos rapaces.
Moitas grazas Carlos pola túa segunda visita ao centro, e grazas tamén á Editorial Galaxia por facer posible esta visita e polo seu afán por achegar a literatura galega aos nosos mozos e mozas.



CONCURSO DE HAIKUS

Xa temos gañadoras do concurso de Haikus. 
Na categoría Haiku-Casares: Natalia  Martínez (2º ESO C)










Na categoría Haiku-temática xeral: Antía Lago (2º ESO C)













PARABÉNS  ÁS  DÚAS!!


domingo, 17 de abril de 2016

LO BREVE SI BUENO...

EMMA  ZUNZ; Jorge Luis Borges

El miércoles pasado leímos este relato incluido en el libro El Aleph  de este mismo autor. Este relato fue publicado en 1949 y a juicio de muchos críticos es uno de los mejores relatos del escritor argentino. Espero que os haya gustado.
 Os dejo un cortometraje sobre esta historia.



jueves, 14 de abril de 2016

PURO TEATRO.

Bibliocasares quere achegarte ao mundo do teatro.
A silueta de Valle-Inclán guiarate neste roteiro polo noso instituto.

Coñece:
1. As principais compañías de teatro de Galicia.
2. Os locais teatrais de Galicia.
3. Entradas, propaganda...

Todo un mundo por descubrir.

23 DE ABRIL DE 2016: DÍA INTERNACIONAL DEL LIBRO.

Con motivo del Día internacional del libro y del cuarto centenario del fallecimiento de Cervantes, Bibliocasares quiere hacerte más próxima la vida y obra de nuestro escritor más internacional. Para ello, puedes leer, en diferentes lugares de nuestro instituto, nuestros rincones literarios cervantinos:
1. Citas famosas de Cervantes (O falar non ten cancelas).
Retrato de Cervantes atribuido a Juan de Jáuregui2. Presentación en Power Point, en la pantalla de la entrada.
3. Relación de las obras de Cervantes.
4. Inicio de El Quijote en búlgaro y japonés, realizado por alumnos de 1º de Bachillerato.
5. Escenas de El Quijote, con texto e ilustración.
6. Presentación en Power Point de escenas de El Quijote con fragmentos leídos por los alumnos de 1º de Bachillerato.

¡Búscalos!