lunes, 30 de marzo de 2015

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS: XUNTANZA DA 2ª AVALIACIÓN

Como xa vén sendo habitual cada trimestre, os compoñentes do CLUB de LECTURA de ADULTOS do ICC levamos a cabo un xantar de traballo e unha posterior xuntanza para falarmos dos libros suxeridos.

Asemade, marcamos xa tamén as obras para o seguinte trimestre:



1) Dúas letras. FINA CASALDERREY.
2) Rebelión en la granja. G. ORWELL
3) 1280 almas. JIM THOMPSON
4) La perla. JOHN STEINBECK
5) Los cachorros. VARGAS LLOSA
6) La oveja negra y demás fábulas. AUGUSTO MONTERROSO

Avisaremos con antelación do día da comida de traballo-xuntanza.
Boas lecturas.



RECENTES ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA EN INSTANTÁNEAS















miércoles, 11 de marzo de 2015

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.


AS MULLERES NAS MATEMÁTICAS.
Cada 8 de marzo, celébrase o día internacional da muller. Con este motivo, o noso centro quere dedicarlles unha homenaxe, lembrando algunhas mulleres que destacaron no ámbito das Matemáticas.
Teano (s. VI a. C.) é coñecida como a primeira muller que destacou nas ciencias (matemática, médica, astrónoma e precursora da investigación). Acabaría casando con Pitágoras. Na Grecia clásica a muller só tiña poder na economía doméstica. 
Hypatia de Alexandría (370 - 415)  tivo unha vida moi prolífica, chegoo a escribir 44 libros. 
Desde  Helena Cornaro (italiana do século XVII), Gabrielle-Émilie Le Tonnelier de Breteuil (francesa do XVIII) ou Augusta Ada Byron (británica do XIX, a única filla lexítima do poeta Lord Byron) ata Antonia Ferrín Moreiras (ourensana de 1914 - 2009) as mulleren continúan contando e sumando na nosa sociedade. A cifra das mulleres non ten límites.
Se queres coñecer con detalle  estas mulleres, visita a exposición da entrada do centro. (Tes información nunha carpeta situada na mesa xunto ás ilustracións sobre Jorge Manrique.)