martes, 5 de febrero de 2013

ELAS TAMÉN SUMAN.

A muller nunca foi un cero á esquerda. A historia de humanidade demóstrao. Figuras como Hypatia de Alexandría (matemática, astrónoma e filósofa), Madame de Châtelet, Augusta Ada Byron (filla do célebre poeta Lord Byron) son algúns exemplos da capacidade intelectual da muller. Se queres coñecer a interesante vida e obra dalgunhas científicas singulares, sube ao primeiro andar, na parede de Xefatura de Estudos poderás atopalas. Desde Alexandría, Milán, París, Moravia ou Moscú poderás trazar as liñas da sabedoría feminina.