sábado, 25 de abril de 2015

CONTACONTOS

O alumnado de infantil dos colexios adscritos ao IES Carlos Casares -C.P.I Chans, C.P.I Carballal, C.P.I. Igrexa Candeán e C.P.I. Santa Mariña- recibiron, nos días 20 e 22 de abril, a visita duns contadores de historias excepcionais: o noso alumnado de primeiro de ESO. Nesta ocasión todos os contos rendían unha homenaxe ás matemáticas, así as nenas e nenos tiveron a posibilidade de ver como a Mosca Chosca contaba os seus convidados ou como Miguel necesitaba contar ovellas para poder durmir; ver virar un cubo xeométrico cos animais do conto do Elefante comellón; observar as diferenzas de tamaño entre as cuncas, as cadeiras e as camas dos Tres osos; seguir os ritmos musicais de Imos cazar un oso; ver como o ratiño ía amosando as partes do crebacabezas do Grúfalo ou comprobar a diferenza de tamaño entre os Chibos, Chibóns e Unha casa a medida. Esta actividade realizouse grazas á colaboración de: Educación Plástica e Visual, Lingua galega e literatura, Dinamización Lingüística e Biblocasares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario