domingo, 3 de mayo de 2015
A FESTA DOS MAIOS
No IES Carlos Casares demos a entrada oficial á primavera. O alumnado de 4º de ESO PDC reivindicou esta festa tan arraigada en Galicia e que, xa dende a antigüidade, rendía culto ás deusas Afrodita, Flora ou Maia, favorecedoras da vida e da fecundidade. Rendéronlle toda unha homenaxe ao abrollar das sementes e á aparición das cores nos campos, construíndo eles mesmos un maio. Servíronse de xestas que foron recoller polos arredores do centro, axudados polo profesor de Bioloxía -Miguel.
O alumnado de primeiro de ESO colaborou na decoración do maio e elaborou coroas con flores, ovos ou laranxas, ao xeito máis tradicional.
Como non podía ser doutra maneira, as coplas críticas e satíricas encheron de graza o noso centro. O alumnado de primeiro de ESO aprendeu a realizar coplas rimadas de versos octosilábicos e construíron os sarcásticos maios coa finalidade de non deixar a ninguén indiferente.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario