O alumnado de 1º de ESO lembrouse do Día Internacional dos Museos deixándose levar e gozando dos cadros de pintores tan emblemáticos e recoñecidos como Van Gogh ou Picasso. Animados e guiados pola profesora de Educación Plástica e Visual, Almudena, aprenderon a valorar unha obra de arte atendendo a unha análise sensorial, descritiva e temática, formal e contextual. Puideron gozar das sensacións que nos transmite unha pintura, deixando que as cores cobren forma en nós, ver que historias hai máis alá do cadro ou descubrir cal será, para nós e para o artista, o centro de atención.
A partir da análise profunda e subxectiva destes cadros-láminas, o alumnado elaborou fermosos poemas nos que deixan constancia das sensacións e sentimentos que eses cadros lles producen.
Velaquí dous poemas inspirados no cadro de Van Gogh A noite estrelecida:
no
ceo dunha noite tranquila,
o
vento recólleas cun suspiro
xunto
coa miña tristura polo día.
As
luces nas casas seguen acendidas
igual
cás estrelas brillan,
brillan
con alegría.
Non
se decatan do que pasa aquí abaixo,
Oxalá
eu fora unha estrela
na
inmensidade do espacio.
Quixera
escapar por aqueles campos, lonxe,
tumbarme
na herba, observar o horizonte.
Teño
envexa das estrelas
eu
tamén quero liberdade,
aquí
abaixo tan só sinto
un
chisco de soidade.
A preguiza invádeme
nesta noite de verán.
As vistas á cidade
prodúcenme ledicia,
Observo a lúa
tan fermosa coma sempre,
a máis brillante xoia
desta incrible noite ardente.
Os meus ollos xa non poden máis,
non os podo controlar…
Acabo
durmida na herba
á
luz do fermoso luar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario