jueves, 23 de mayo de 2013
TEATRO: A FILLA DE WOODY ALLEN.
O luns 27 de maio, terá lugar no auditorio do noso instituto a representación desta obra teatral, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, especialista en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor de varias obras, destacando o título 0´7% MOLOTOV (Premio Rafael Dieste 2009). A obra A FILLA DE WOODY ALLEN foi nomeada aos PREMIOS MAX DAS ARTES ESCÉNICAS 2011. A actriz Marián Bañobre, Posgrao en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela, obtivo o Premio María Casares á mellor actriz secundaria en 2006 por Tartufo. Tamén participará Carmela Bueno, coreógrafa, bailarina e docente de Danza Contemporánea, formada en Greenwich Dance Academy de Londres.Os grupos que están invitados son de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Tedes unha cita ás cinco da tarde. ¡Non faltedes!
martes, 21 de mayo de 2013
ÁFRICA ME ENAMORA.
martes, 16 de abril de 2013
FEIRA DO TROCO
O vindeiro martes 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro. Tal día, no ano 1616, morreron tres escritores fundamentais da literatura universal: William Shakespeare, Miguel de Cervantes e o inca Garcilaso de la Vega.
Para conmemoralo, o noso centro organiza, entre outras actividades, "A FEIRA DO TROCO" para intercambiar libros.
Anímate e participa. ¡Contamos contigo!
martes, 5 de febrero de 2013
ELAS TAMÉN SUMAN.
A muller nunca foi un cero á esquerda. A historia de humanidade demóstrao. Figuras como Hypatia de Alexandría (matemática, astrónoma e filósofa), Madame de Châtelet, Augusta Ada Byron (filla do célebre poeta Lord Byron) son algúns exemplos da capacidade intelectual da muller.
Se queres coñecer a interesante vida e obra dalgunhas científicas singulares, sube ao primeiro andar, na parede de Xefatura de Estudos poderás atopalas.
Desde Alexandría, Milán, París, Moravia ou Moscú poderás trazar as liñas da sabedoría feminina.
martes, 29 de enero de 2013
EXPOSICIÓN GRÁFICA SOBRE EL QUIJOTE
Anímate y visita la exposición sobre la novela más importante de nuestra literatura, situada en la entrada de la biblioteca. En ella encontrarás una selección de textos significativos de determinados capítulos de la obra cervantina con su ilustración. Podrás conocer la sociedad de los siglos XVI-XVII y la estructura de la casa y el molino manchegos.
Déjate seducir por don Quijote, Sancho Panza y Dulcinea. No te la pierdas, te sorprenderá.
miércoles, 19 de diciembre de 2012
A BIBLIOTECA DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANINOVO
A VOSA BIBLIOTECA DESÉXAVOS UNHAS MOI FELICES FESTAS DE NADAL E UN PRÓSPERO ANINOVO ATEIGADO DE LIBROS E DE MOI BOAS LECTURAS!!!
martes, 6 de noviembre de 2012
martes, 30 de octubre de 2012
jueves, 14 de junio de 2012
GANADOR DEL CONCURSO DEL CLUB DE LECTURA 2012
La ganadora es: Mariya Ilieva Palikarska, de 1º B de la ESO.
¡Enhorabuena!
Gracias a todos por vuestra participación.
jueves, 19 de abril de 2012
EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MATEMÁTICAS. Autor : Jordi Sierra i Fabra. Ed. ANAYA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






