lunes, 15 de febrero de 2016

OS ROELIBROS VOLVEN REUNIRSE

O pasado venres, 12 de febrero, volveuse reunir o Club de Lectura Os Roelibros. Xuntámonos para repartir lecturas, cadaquén elixiu a que mellor lle acaía. Nun par de semanas volveremos reunirnos, xantaremos xuntos e compartiremos impresións sobre estas lecturas: de medo, de amor, de humor, de aprendizaxe, poemas e relatos...













14 DE FEBREIRO, DÍA DO AMOR

O 14 de Febreiro foi o Día do Amor ou día de San Valentín, como marca a tradición. A orixe remóntase ao século III, cando o emperador Claudio II decidiu prohibir a celebración de matrimonios entre os máis novos. O motivo era que os homes solteiros e sen familia eran os mellores soldados.

  Valentín, era un sacerdote que viviu durante o mandato de Claudio II. O sacerdote desafiou o emperador e celebraba, en segredo, matrimonios entre mozos namorados. Claudio II enterouse e mandou que o meteran na cadea, finalmente ordenou que o martirizasen e o executasen o 14 de febreiro. De aí vén a popularidade deste sacerdote, que foi santificado posteriormente, e o nacemento do Día do Amor ou Día de San Valentín.
Durante unha semana todo o alumnado do Casares tipo oportunidade de enviar mensaxes de amor e de amizade a quen desexasen, e vaia se o fixeron!!
Alumnas e alumnos que pertencen ao Equipo da biblioteca e ao Equipo de dinamización fixeron o reparto das mensaxes de amor.
CANTO AMOR NO CASARES!!!












Petiscos de amor colgaron das paredes do vestíbulo do Casares: citas de amor dos poetas latinos máis universais. 


As profesoras e profesores do IES Carlos Casares tamén se animaron a participar neste Día do Amor. Cada un deles achegou un poema de amor que para ela ou para el tivese un significado especial. Poden verse expostos nas paredes do centro.




domingo, 7 de febrero de 2016

E CHEGOU O ENTROIDO!!

Cos compadres e coas comadres xa deramos inaugurado o tempo de Entroido, mais foi o venres 5 de febreiro cando o IES Carlos Casares se vestiu coas roupaxes e cores típicas dunha época do ano onde o mundo vira do revés, para gusto e goce de todas e todos. Menos mal que nos queda o Antroido, Entroido ou o Carnaval, como queiramos chamalo!!





UNHA GARDIÁ MOI ESPECIAL NA BIBLIOTECA

Unha escultura do profesor de plástica, Ángel (Piquico), preside e vixía a nosa biblioteca.
Moito ollo, esta avestruz pode ver absolutamente todo o que sucede na biblio!!


domingo, 31 de enero de 2016

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O 30 de xaneiro foi o Día Internacional dedicado á Ilustración. Este ano quitemos dedicarle especial atención a esta faceta da arte tan fundamental, a través da cal magníficos profesional manifiestan a súa particular visión do mundo. A ilustración é, en moitas ocasión, unha manera lúdica de achegarnos ao libro e a diferentes acontecimientos do devir da historia.
O venres contamos coa presenza do ilustrador vigués: Federico Fernández. É o responsable das ilustracións de libros infantís e non tan infantís como: Chibos, Chibóns, Onde Lúa perdeu o sorriso? ou a súa última creación Balea. Conquistou ao alumnado de 2º de ESO e parte de 1º de ESO e Bacharelato, facendo un percorrido dende a orixe do álbum ilustrado e a súa importancia na actualidade.

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro é o Día da Paz, e como vén sendo costume, no IES Carlos Casares lembramos esta efeméride para non esquecer un desexo tan necesario hoxe en día: que haxa paz no mundo. O alumnado, nas aulas de Educación Plástica coa profesora Almudena Lacomba, realizou un caligrama  a partir da silueta da pomba e acompañada
de textos explicativos sobre este día: cales foron os Premos Nóbel da Paz e a orixe da celebración desta data.


XOVES DE COMADRES E COMPADRES

O xoves, 28 de xaneiro demos comezo ao Entroido no IES Carlos Casares. O profesor de plástica, Ángel, rendeu homenaxe a dúas figuras do entroido tradicional galego: os Lardeiros. Podedes velos no vestíbulo do instituto e, como manda a tradición, colgados.


miércoles, 27 de enero de 2016

jueves, 14 de enero de 2016

A TROPA DE TRAPO

   O martes día 12 de xaneiro, os alumnos de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato asistiron á representación de A Tropa de Trapo no salón de actos. Foi un espectáculo de música e contos.  Marta relatou contos de tradición árabe e Brais, de tradición popular galega. Disfrutamos coa interpretación.
   A continuación, realizouse un obradoiro con alumnos de 3º e 4º da ESO moi interesante. 

GAÑADORES DO II CONCURSO DE FOTO-RELATOS CURTOS

Xa temos a gañadora do concurso:
Antía Lago Nieto. IES Carlos Casares, 2º C.

Semifinalistas:
- Antonio Varela Gil. Centro: Manuel Antonio.
- Thais Souto Espiñeira. IES Carlos Casares. 4º C.

Noraboa a todos os participantes.