A
partir de hoxe e ata o 2 de maio poderemos deternos a admirar unha
das coleccións do noso Carlos Casares: os Principiños en 92
linguas. A exposición, cedida pola Fundación
Carlos Casares,
forma parte da serie de actividades que se están a levar a cabo
dentro do proxecto Galaxia Casares. Durante todo o mes de maio iremos
dando a coñecer os traballos que foi realizando o noso alumnado
durante este curso.martes, 19 de abril de 2016
O PRINCIPIÑO ARREDOR DO MUNDO. A colección de Carlos Casares.
A
partir de hoxe e ata o 2 de maio poderemos deternos a admirar unha
das coleccións do noso Carlos Casares: os Principiños en 92
linguas. A exposición, cedida pola Fundación
Carlos Casares,
forma parte da serie de actividades que se están a levar a cabo
dentro do proxecto Galaxia Casares. Durante todo o mes de maio iremos
dando a coñecer os traballos que foi realizando o noso alumnado
durante este curso.CARLOS VILA SEXTO
Carlos Vila falou tamén da súa faceta laboral como guionista de series tan recoñecidas como: Los misterios de Laura.
O alumnado tivo a oportunidade de dialogar con el sobre os seus libros, en concreto sobre As sete mortes, Gárgola e O enigma de Caronte, libros cos que conseguiu sacar horas de sono aos nosos rapaces.
CONCURSO DE HAIKUS
domingo, 17 de abril de 2016
LO BREVE SI BUENO...
EMMA ZUNZ; Jorge Luis Borges
El miércoles pasado leímos este relato incluido en el libro El Aleph de este mismo autor. Este relato fue publicado en 1949 y a juicio de muchos críticos es uno de los mejores relatos del escritor argentino. Espero que os haya gustado.
Os dejo un cortometraje sobre esta historia.

jueves, 14 de abril de 2016
PURO TEATRO.
23 DE ABRIL DE 2016: DÍA INTERNACIONAL DEL LIBRO.
Con motivo del Día internacional del libro y del cuarto centenario del fallecimiento de Cervantes, Bibliocasares quiere hacerte más próxima la vida y obra de nuestro escritor más internacional. Para ello, puedes leer, en diferentes lugares de nuestro instituto, nuestros rincones literarios cervantinos:
1. Citas famosas de Cervantes (O falar non ten cancelas).
3. Relación de las obras de Cervantes.
4. Inicio de El Quijote en búlgaro y japonés, realizado por alumnos de 1º de Bachillerato.
5. Escenas de El Quijote, con texto e ilustración.
6. Presentación en Power Point de escenas de El Quijote con fragmentos leídos por los alumnos de 1º de Bachillerato.
6. Presentación en Power Point de escenas de El Quijote con fragmentos leídos por los alumnos de 1º de Bachillerato.
¡Búscalos!
lunes, 21 de marzo de 2016
21 de MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA
As paredes do IES Carlos Casares énchense de versos, poetisas e poetas que buscan achegarse a todas e a todos e, sobre todo, que necesitan ser lidos. Un día especial para que os versos nos acompañen todo o ano.
miércoles, 16 de marzo de 2016
CONTOS DE DEFUNTOS
Onte volvemos gozar coas historias tiradas da literatura popular grazas a Brais, integrante de A tropa de trapo. Nesta ocasión os contos de medo, onde a Santa Compaña, as encrucilladas, os espíritos que entran nos corpos das persoas ou as crenzas arredor da morte encheron o auditorio do IES Carlos Casares e fixéronnos tremer de medo, rir coas ocorrencias dos protagonistas e gozar dunha tradición oral que, como ben deixou claro Brais, non debemos esquecer porque forma parte de nós, da nosa forma de ser.miércoles, 9 de marzo de 2016
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller. En orixe era un día marcado pola solidariedade cos pobres. Son os empobrecidos os que comezan a unirse para a súa promoción. As mulleres loitan polos dereitos de ambos sexos, son sensibles pola vida en xeral, tratan o tema da fame da guerra, da escravitude e da explotación dos nenos. Todas as súas declaracións impulsan unha solidariedade claramente global e internacional. Unha cita da doutora M. Araus pon de manifesto que "a muller pasou á historia do movemento obreiro como a nai da solidariedade, sen a súa capacidade de resistencia e de loita non habería movemento obreiro".
O 8 de marzo de 1857, centos de mulleres dunha fábrica téxtil de Nova York organizaron unha marcha en contra dos baixos salarios e en contra das condicións inhumanas do traballo. Dous anos máis tarde daquel histórico 8 de marzo, crean o seu primeiro sindicato.
Outro dos acontecementos mundialmente coñecido e lamentable foi o sucedido en Nova York no ano 1908 na fábrica Cotton Textile Factory de Washington. Un grupo de taballadoras declararon unha folga en protesta polas insoportables condicións de traballo. Pedían: ter o mesmo salario ca os homes, descanso dominical, redución a 10 h. da xornada laboral e ter dereito a lactancia. O dono non aceptou a folga, pechou as portas da fábrica e prendeu lume. Morreron 129 mulleres.
Lamenteblemente a muller aínda ten chanzos que subir na sociedade actual e de aí a importancia de destacar e reivindicar este día 8 DE MARZO.martes, 8 de marzo de 2016
ROSALÍA de CASTRO NA VOZ DE ANXO ANGUEIRA
O mércores 2 de marzo recibimos unha visita moi especial, un antigo profesor deste centro: Anxo Angueira, volveu entrar nun lugar que tantas lembranzas lle traía e onde tan bos amigos aínda conserva. Escoitamos poemas de Rosalía de Castro na voz poderosa dun dos maiores expertos en Rosalía de Castro e presidente da Fundación Rosalía de Castro.
Poemas de Cantares como" Miña santiña, miña santasa", "Nosa señora da Barca"; de Follas novas como: "A ventura é traidora" ou "¡Mar!, cas túas auguas en fondo" e de En las orillas del Sar.
Comezou Anxo Angueira destacando a Rosalía de Castro como unha gran defensora da muller e para iso leu un breve fragmento do artigo Lieders e a dedicatoria a Fernán Caballero "Señora: por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales sinto la más profunda simpatía, dedica a V. este pequeño libro (...)"
Agradecemos a Anxo a súa visita e sobre todo o posibilidade de poder escoitar os versos dunha muller á que moito lle temos que agradecer: foi unha poeta que se interesou por reivindicar a figura da muller e sobre todo da muller galega, valéndose dunha lingua moi pouco valorada naqueles anos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)