domingo, 20 de diciembre de 2009

Física e Química



El astrónomo y la silla diabólica.
Carlos Olalla Linares.
Ilustraciones: Mauro Vargas.


A partir de 12 anos.
ISBN: 978-84-96566-1
Encuadernación: Rústica con solapas.
176 páxinas.

A vida sorrí a Marco Nero en Bolonia: ten un bo posto na universidade e goza de prestixio, pero abúrrese mortalmente. Ademais bota de menos pasar máis tempo xunto a Mina. Finalmente toma unha decisión: marcharase a Florencia, atraído pola intensa actividade que se vive no berce do Renacemento. Pero as cousas non sairán como espera e verase envolvido nunha tétrica trama cuxos ingredientes son a superstición e a ambición.


El hombre que pesó los átomos. DALTON
Inés Pellón González

ISBN: 978-84-95599-72-8
Encuadernación: rústica con solapas.
160 páxinas.

John Dalton foi o primeiro científico capaz de pesar os átomos outorgándolles unha característica cuantificable: a súa masa relativa. Até finais do século XVIII críase que os elementos químicos estaban compostos por átomos elementais iguais que se mantiñan unidos mediante forzas de afinidade mutua. Pero Dalton propón que os átomos de distintos elementos difiren entre si na súa masa, e publica a primeira táboa de pesos atómicos coñecida.

Pero as súas contribucións fundamentais ao progreso da ciencia teñen un alcance moito máis amplo. É o responsable da primeira descripción científica completa da cegueira á cor (daltonismo), de grandes avances na física dos gases, e dunha elevada cantidade de traballos meteorolóxicos, a súa vocación primeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario