miércoles, 23 de noviembre de 2011

O SOL DO VERÁN. Autor: Carlos Casares. Ed. Galaxia


Unha historia de amor e morte, un canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida e da memoria.

O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os veráns compartidos da nenez, á vez que indaga nos motivos desa acción brutal e sorprendente. Unha historia de amor e morte; tamén, canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida; a enorme riqueza de O sol do verán reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas. Xunto a un inigualable traballo cos personaxes, que logran adquirir a verosemellanza do real, a recreación de certos momentos da infancia fan desta novela unha das obras ineludibles para calquera lector galego que guste do trato con esa literatura que, como di Albert Camus na frase que enceta o libro, se basea na "verdade de ser e de sentir".

7 comentarios:

  1. Eu non lin todo o libro, so alguns paxases. Faiseme pesado sen dialogo. Ainda que esta ben relatado.

    ResponderEliminar
  2. Gustoume aínda que non me van moito ese tipo de temas.

    ResponderEliminar
  3. Gustoume sobre todo o final

    ResponderEliminar
  4. Una das cosas que máis me gustaron do libro foi que ao comezo de cada capítulo volvíase ao presente despois dun viaxe ao pasado.

    ResponderEliminar
  5. A min, persoalmente, este libro gustoume moito, e moi bonito.É unha bonita historia de amor impposible

    ResponderEliminar
  6. Queria poner aqui un enlace para promocionar un blog en el que estoy creando un juego. Dicho juego es como un libro, con un historia fantastica, y ademas promociona el gallego. Perdon por escribir aqui, pero necesitaba promocionarlo. quien estea interesado, que pinche aqui:
    http://magicthegathering.tusblog.com/index.htm
    no tiene nada ilegal, es un blog corriente y moliente.

    ResponderEliminar
  7. Martín Giraldéz Martínez7 de marzo de 2012, 8:12

    O libro,gustoume.É unha historia moi fermosa e moi ben narrada polo autor,o célebre Carlos Casares.Fixeime que a historia segue unha pauta:comeza o capitulo dicindo o que está sucedendo no presente,no coche de Arturo.Logo fala sobre o que aconteceu na noite de onte,cando estaban Carlos e mais Helena no coche.Por último,fala sobre os verans pasados,cando eran nenos,na casa dos pais dela.

    É unha historia de amor bastante extraña.Non é a tipica historia na que os dous namorados acaban xuntos cun final feliz.Este tipo de historias con estes finais tan peculiares e tipico do autor,Carlos Casares,que escribiu,por exemplo,Vento ferido,que é un libro cun estilo paraecido a Osol do veran,misterioso e impactante,que che atrapa desde o principio.

    O libro engánchate desde o primeiro capitulo.Ainda que non che parecza demasiado interesante,queres seguir leendoo para saber porque se suicidou Carlos,o protagonista.Mentres vas lendo,vaste enterando da vida do rapaz(Carlos) e intentas averiguar cal é o motivo polo que se suicida,como fai a outra protagonista,Helena,que intenta averigur porque se suicidou.

    Ao final non din porque se suiciduo,iso o deixan á imaxinacion de cada un.Eu creo que se suicidou porque sabía que non poderia vivir sen poder estar con Helena,porque perdeu a oportunidade de que fose súa,ao non pedirlle que se casase con el cando aínda non aparecera Arturo na historia.O autor non di porque se suicidou para que cada un elixa a razon que mais lle convenza.

    Recomendolle o libro a calquera persoa,pero sbre todo a pesoas bastante maduras,de entre 14-15 anos,pois o contido do libro é bastante "obsceno" para que o podan entender persoas de menos idade

    ResponderEliminar