Catro relatos de misterio que cando os lemos, parece que os estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento. Ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan...
polo título e a portada , eu cría que era de medo,pero é de lendas que contan un o máis narradores .
ResponderEliminarGustoume , pero se dera un pouco máis de medo sería moito mellor .
Recoméndoo a todo o mundo que lle guste ler lendas de medo que ocorreron .
Ana Belén Pérez Costas 1.º C
Gustoume porque era de medo e de intriga.Por iso o recomendo para todos os nenos e nenas do noso instituto,para mellorar a nosa lectura.
ResponderEliminarCarla Pérez Gómez 1c
Orais ou escritas, son historias pensadas para tremer. Para mergullarte entre as sabas, intentando durmir. Para darlle voltas e converterse en detectives. E, entre pequenos sustos, as historias semellan que se relatan soas.
ResponderEliminarMóstranos a beleza de lendas e de mitos, e consegue crear unha motivación para seguir lendo. E así transcorre o libro, facéndonos dubidar da noite e da escuridade, e creándonos unha sensación de desacougo e desconfianza, igual ao que mostra a lectura.
Claudia Álvarez Costas 1ºC
Historias que se escoitan, que se contan, que non se saben se son verdade ou soamente son para meter medo. O autor deste libro, quixo pasar algunhas das historias que lle contaron a el en noutrora para non perder este costume.
ResponderEliminarOs pequenos contos que lin, son bastante tolos e feitos para tremer pero aínda así, estiveron moi ben e o que intentaban, conseguírono facer, que as historias continúen de boca en boca.
Julia 1ºC