martes, 13 de mayo de 2014

A FEIRA DO TROCO DO 2014.

   O pasado xoves, día 8 de maio, celebrouse no noso instituto a Feira do Troco. Pareceunos interesante repetir a experiencia do curso pasado debido á gran participación do alumnado.
   Foi unha boa oportunidade para poder intercambiar libros xa lidos e acceder a outros diferentes. Os libros teñen que estar en movemento, pasando de man en man para darlles vida propia. 
   Non puidemos celebrar esta feira no Día Internacional do Libro, 23 de abril, porque os alumnos de 1º de Bacharelato estaban de excursión en Madrid.
   Moitas grazas pola vosa participación. Contamos con vós para o próximo curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario