miércoles, 22 de octubre de 2014

LIBROS DE LECTURA. 3º ESO. (Curso 2014 - 15)


9 comentarios:

  1. ¿Coñecedes a Aristoclés?¿Aquel filósofo grego tamén chamado Platón? Pois ben, este personaxe xa nos falaba da Atlántida nos seus textos, e na soada antiga relixión grega hai presencia da “illa perdida”.
    2439 anos despois do nacemento de Platón o autor galego, Anxo Fariña, peséntanos A chave da Atlántida, un libro co PREMIO Merlín de literatura INFANTIL no ano 2011. Publicada pola editorial Xerais, esta historia, a pesar de ser unha narración literaria, está baseada no mundo real e próximo, especialmente para os vigueses e viguesas.
    Intentarei non estropear o libro resumindo os primeiros capítulos e dando unha visión xeral do demais:
    A historia comeza coa vida de Eva, a protagonista, e o seu tío Fran. Eva segue afectada pola morte dos seus pais, e Fran sempre fai o que pode.
    Por outra banda un experimento biotecnolóxico ESCAPA do laboratorio, ambos secretos, e uns militares ndan tras el. Este experimento chámase A0, un biorobot que aparenta TER 12 anos. Escapa en busca de algo, algo que o atrae...
    Eva e Fran chegan a casa tras unha cea para facer as paces a atopan revolta. Pensando que había un ladrón, ármanse con vasoiras. Cando o “inimigo” e Fran se miran abrázanse. Isto resultou porque Fran traballara no experimento abandonado, xunto cos pais de Eva, no que estaban a argallar para facer “a chave da Atlántida”. A0 era a chave e fora atraído polo colar de Eva, parte do traballo científico e pertencente a Atlántida.
    Despois disto A0, Fran e Eva atravesan unha aventura repleta de adversidades, personaxes malvados e avaros, ecrucilladas, acertixos, viaxes... co fin de que non collan a A0 e de chegar ate a Atlántida, máis preto do que asemella...

    No sei se Anxo Fariñas é unha versión galega de Aristoclés, máis a novela saboréase. Mentres fun lendo lambín a trama simple pero completa, imaxinei as situacións e os lugares, a pesar de ter ilustracións; e deume paso a que me interesara e buscara máis información sobre a Atlántida.
    Este libro tamén trata temas como o "amor" e a "humanidade" e recoméndollo a xente que nos se crea que porque na etiqueta poña infantil vai estar peor. Opino que hai que ler de todo e logo xulgar contrastando opinións pero sabendo o que pensamos.

    Xian Faro Rodríguez, 3º A

    ResponderEliminar
  2. Eneritz Somoza Rodríguez 3º B18 de enero de 2015, 10:52

    Libro: El corredor del laberinto.
    Autor: James Dashner.

    Yo nunca había oído hablar de este libro, hasta un día que iba caminando por la calle y vi en una marquesina el anuncio de una película: “El corredor del laberinto”. Normalmente no me fijo en este tipo de anuncios, pero supongo que lo que me llamó la atención fue la última palabra del título, ya que a mí siempre me han interesado esas historias en las que los personajes están atrapados y su única opción para sobrevivir es escapar. Seguí leyendo el cartel y al ver que estaba basada en un libro, no dudé en que esa sería una de mis futuras lecturas. Aquí os dejo un breve resumen sobre lo principal de la historia:

    -El libro trata de un adolescente llamado Thomas que despierta en un ascensor oscuro, que posteriormente le lleva a un gran espacio abierto donde hay más chicos, llamado el Claro. Lo único que Thomas recuerda es su nombre y como funciona el mundo. Sabe qué es todo lo que hace una persona normal pero no tiene ningún recuerdo de nada ni de nadie en concreto. Pero él no es el único, sino que el resto de jóvenes tampoco pueden recordar.

    El Claro está rodeado por 4 muros de piedra con una apertura en cada uno. Estas se abren al amanecer y se cierran al anochecer. Detrás de ellas hay un gran laberinto que se empeñan en resolver para volver a sus hogares. Los muros interiores se mueven todas las noches, por lo que los chicos que los recorren dibujan mapas para encontrar un patrón.

    Todos los meses llega un chico nuevo al Claro, hasta que un día aparece una chica que les lleva el mensaje de que “Todo va a cambiar". A partir de entonces, los jóvenes se deben de enfrentar a distintos problemas, entre ellos unas criaturas monstruosas que les hacen añicos. Su única escapatoria es encontrar una salida, si no quieren morir.-

    Poco después de buscar en Internet más información sobre el libro comencé a leerlo. Los primeros capítulos no me gustaron demasiado, ya que se dedicaban a describir el Claro todo el tiempo y a mí lo que me interesaba era lo mismo que a Thomas: El laberinto y por qué estaban allí encerrados.

    (Si os interesa leer la historia mejor no sigáis leyendo, ya que cuento alguna parte del final). He de admitir que una de las cosas que me decepcionó del libro fue que al final no tuvieran que buscar una salida porque no la había. Me habría gustado que hubiesen tenido que correr contrarreloj para poder escapar de aquel lugar, que se hubiesen visto perdidos más de una vez, pero que al final consiguiesen salvarse en el último minuto. Aunque eso ya es muy típico, cosa que también debió de pensar el autor. Y la verdad es que al leer cual era la única forma de huír de allí me pareció una idea bastante ingeniosa por su parte. Para mí esa es una de las mejores partes del libro, ya que enseña que no todo es como parece y que hay que ver las cosas de más de una forma. Sinceramente, si yo hubiera estado ahí, habría buscado una salida del laberinto al igual que el resto de corredores y nunca se me habría ocurrido que los mapas pudieran formar un mensaje. Otra de las cosas que no me gustó mucho es que en el Claro sólo hubiera chicos, a excepción de Teresa, aunque pudo ser para que la noticia que esta traía quedase más dramática; pero pienso que se podía haber expresado de otras formas sin necesidad de ser esa. (.../... sigue)

    ResponderEliminar
  3. Eneritz Somoza Rodríguez 3º B18 de enero de 2015, 10:54

    (.../...) Parte 2
    Uno de los temas principales del libro es el de una sociedad post-apocalíptica. Últimamente he leído algún libro más con esta característica, y la verdad es que me resulta bastante interesante. Bueno, miento, más que interesante lo que pasa es que al menos a mí me dá hasta miedo. Porque pensadlo, es una sociedad normal que por lo que fuere llegó hasta un punto en el que todo es miseria, la gente se muere por enfermedades raras y sin cura... Y es que eso, quieras o no, puede llegar a pasar cualquier día, si no está empezando a pasar ya en algún lugar.

    Ya sé que todo lo que les hacían eran pruebas para encontrar a los más preparados, pero me pareció muy cruel que les mataran sólo para saberlo. Sobre todo la muerte de Chuck me pareció muy injusta, pero al fin y al cabo es un libro de ciencia ficción y yo no soy su autora.

    La verdad es que aunque haya dicho varias críticas negativas, el libro en general es una buena obra, de esas que te dejan un vacío dentro de ti después de leerlas. Así que cuando tenga un poco más de tiempo pienso continuar con los otros dos libros de la trilogía, y os animo a que si alguno está pensando en leérsela que lo haga, ya que vale la pena.

    ResponderEliminar
  4. Perdoade o meu grave erro, por favor. Publiquei un comentario sen corrixir. Aí vai o outro, síntoo:
    A CHAVE DA ATLÁNTIDA. ANXO FARIÑA. ED. XERAIS
    ¿Coñecedes a Aristoclés, aquel filósofo grego tamén chamado Platón? Pois ben, este personaxe xa nos falaba da Atlántida nos seus textos, e na soada antiga relixión grega hai presenza da “illa perdida”.
    2439 anos despois do nacemento de Platón, o autor galego Anxo Fariña peséntanos A chave da Atlántida, un libro que gañou o PREMIO Merlín de literatura INFANTIL no ano 2011. Publicada pola editorial Xerais, esta historia, a pesar de ser unha narración literaria, está baseada no mundo real e próximo, especialmente para os vigueses e viguesas.
    Intentarei non estropear o libro resumindo os primeiros capítulos e dando unha visión xeral do demais.
    A historia comeza coa vida de Eva, a protagonista, e o seu tío Fran. Eva segue afectada pola morte dos seus pais, e Fran sempre fai o que pode.
    Por outra banda, un experimento biotecnolóxico ESCAPA do laboratorio, ambos segredos, e uns militares andan tras del. Este experimento chámase A0, un biorrobot que aparenta ter 12 anos. Escapa en busca de algo, algo que o atrae...
    Eva e Fran chegan á casa tras unha cea para facer as paces e atópana revolta. Pensando que había un ladrón, ármanse con vasoiras. Cando o “inimigo” e Fran se miran, abrázanse. Isto ocorreu porque Fran traballara no experimento abandonado, xunto cos pais de Eva, no que estaban a argallar para facer “a chave da Atlántida”. A0 era a chave e fora atraído polo colar de Eva, parte do traballo científico e pertencente a Atlántida.
    Despois disto, A0, Fran e Eva viven unha aventura repleta de adversidades, personaxes malvados e avaros, encrucilladas, adiviñas, viaxes... co fin de que non collan a A0 e de chegar ate a Atlántida, máis preto do que semella...
    No sei se Anxo Fariña é unha versión galega de Aristoclés, mais a novela saboréase. Mentres ía lendo, lambín a trama simple pero completa, imaxinei as situacións e os lugares, a pesar de ter ilustracións; e isto animoume a que me interesase polo tema da Atlántida e a que buscase máis información sobre ela.
    Este libro tamén trata temas como o "amor" e a "humanidade" e recoméndollo a xente que crea que porque na etiqueta poña “infantil” vai estar peor. Opino que hai que ler de todo e logo xulgar contrastando opinións, pero sabendo o que pensamos.

    Tamén me gostaría comentar, a maiores, sobre o clube de lectura deste ano; é a idea de deixar a cada quen escolla do libro, sen as obligacións que tanto nos lembran as frustrantes horas de clases que non nos gustan (con isto último non pretendo dicir que non nos guste ningunha materia). Unha idea estupenda. Recomendachesdes escoller un libro en galego e outro en castelán, mais nos deixades ler todo tipo de literatura. Sen máis preámbulos, grazas.

    ResponderEliminar
  5. O libro a partir dun momento podemos dividilo en dúas historias paralelas:
    Por unha banda; atópanse Jack, Victoria e Kirtash: están na procura de Ashran o Nigromante para matalo e cumprir a profecía dos seis deuses. Por suposto, conségueno, mais non parece tal ata o final, e perden algo valiosísimo, o corno de Victoria, ou sexa, de Lunnaris…
    E, pola outra; atópanse a meirande parte das personaxes “secundarias” preparándose para loitar nunha guerra incrible na que rematan gañando, pero con moitas mortes inesperadas e que me deixaron cun mal sabor de boca (e que a min gústame comer os libros…).

    Máis ou menos o argumento é ese, e as personaxes principais son Jack, Victoria e Kirtash (ou Christian, como lle chama Victora a súa parte humana), como poidéchedes apreciar; Jack e Victoria exprimentan un notable cambio de maduración de nenos a mozos, sen embargo Kirtash pemanece case plano neste aspecto.
    - Jack (13 anos-17 anos), ou Yandrak, é o último dragón, consegue transformarse nel no segundo libro, e é moi impulsivo e sentimental. A medida que transcorren os libros faise máis forte e é quen de enfrentarse as adversidades pensando antes de actuar. O seu amor por Victoria o manifesta como un premio ante Kirtash, cousa que acaba reprimíndose.
    -Victoria ( 12 anos- 16 anos): dende que intima co seu Christian -Kirtash- a maior parte do primeiro libro sufre por non saber amar a dúas persoas á vez. Sen embargo, remata asumíndoo case na segunda parte da trioloxía e disfruta de ambos peteiros, co acordo dos mozos. Victoria tamén é coñecida como Lunnaris, o último unicornio, e consigue transformarse neste xa no primeiro libro.
    -Kirtash (15 anos- 19/20 anos) é fillo de Ashran, ao que (lle) serve nun principio, pero logo se une a Victoria. Tamén é o fillo do rei dos sheks, os que forman unha alianza con Ashran. É o máis ávido dos tres, grazas a súa metade shek (estas criaturas son as máis intelixentes de Idhún), e igual de frío e cucha actitude estoica, maiormente.

    ResponderEliminar
  6. E xa na teima das personaxes, é mester dicir que, a meirande parte dos secundarios aparecen durante un corto período de tempo, e logo desaparecen da historia, ata que, de xeito máis ou menos inesperado, volven tecer parte do fío do trama cun notable cambio no seu carácter ou dun modo peculiar, facendo que todo cadre perfectamente; pódese apreciar o ben estruturada que está a trama.
    Ben; a pesar do marabilloso que asemelle, a min decepcionáronme algunhas partes do libro, en especial do primeiro: fíxoseme pesado que, ás veces, se repetira a explicación do mesmo sentimento ou da mesma acción con diferentes palabras pero que veñen dicir o mesmo, sen engadir nada novo e cando xa me quedara ben clariño. Asemade, a autora ten certos recursos lingüísticos que inconscientemente (quero pensar) non elude. Por exemplo cando está describindo algún momento un pouco máis complexo do habitual emprega moito as expresións “de alguna manera” ou “sin saber como”. Tamén pode ser que queira avanzar rapidamente nesas situacións, mais eu creo que cómpre variar un chisco esas frases, non porque queden moi mal á hora de ler, senón por non asemellar querer desenvolver algo sen sentido. Inda así, houbo unha cousa que me gustou moito mentres lía, tanto no primeiro como no segundo. Nun libro corto un sóese lembrar de todas as personaxes e lugares, pero cando falamos dunha trioloxía como neste caso, a cal resulta desenvolverse en dous mundos diferentes e coa participación de multitude de persoas, que logo teñen outra relación no futuro, pois resulta un chisco complicado. Así, cando Laura Gallego nomea algunha personaxe mais ben secundaria, da que quizás levaba tempo sen asomar o nariz na historia, interpola unha pequena explicación da súa condición no relato como: “Kimara, la maga semi-yan…” ou “Ashran el Nigomante, el archimago oscuro” . Así facilítache lembrar que é ou de que rexión provén, xa que en Idhún convive oito razas (celestes, feéricos, como fadas, trasgos, duendes ou silfos; xigantes, varus, humanos, yan, szish e ganti, unha raza de mestizos entre as anteriores) e ten unha fauna e unha flora moi distinta á da Terra, na que destacan como semideuses os dragóns, os unicornios e os sheks; todo isto iluminado polas súas tres lúas e tres soles. E os creadores foron os sete deuses e deusa. Moita información que, grazas á forma de escribir da autora, faise ameno e comprensible.

    ResponderEliminar
  7. Falando de criaturas: estas novelas, maiormente a segunda, incorporan unha extensa información das criaturas semi-deuses que citei antes, dragóns, unicornios e sheks, pero o xeito no que se presenta fai que non nos atragantemos, pois esta vámola descubrindo pouco a pouco, gotiña a gotiña, case sempre como consecuencia dalgún acto vital da criatura. Explícome: en Idhún os unicornios conceden a maxia, pero son moi raros de ver. Nun momento do libro Lunnaris, a último unicornio, síntese acurralada, e viaxa pola luz fugazmente. Moralexa: os unicornios son quenes de viaxar a velocidade da luz (a velocidade desta) e por iso se eles non queren son moi difíciles de descubrir. Entendedes? Esta é o xeito máis frecuente que se emprega no libro de explicación, e baixo a miña opinión moi bo.
    A maiores, por se alguén lle interesa, o libro de papel inclúe un mapa de Idhún, mais tamén podedes descargar un da rede de balde e legalmente como este:
    Persoalmente gústame ler libros que teñan intriga, pero tamén acción, amor, humor… E estes libros gustáronme moito nese sentido. Cómpre dicir que non é un libro co que escaches da risa, pero ten a súa retranca; sen embargo abrangue moito e moi ben, baixo a miña opinión, os campos do amor (o argumento da historia ten un forte ligazón amoroso, por non dicir que é a base da súa sustentación), da intriga, fantasía, da acción, con notable diferenza do segundo fronte o primeiro; e aventura, moita aventura, cuns cambios drásticos que che deixan coa boca aberta ou co corazón dorido –se o sentes de verdade, claro- pois ás veces parece non haber solución ó problema e segues lendo, mordendo as unllas e, de súpeto… sálvase a situación e sáeche da gorxa algo que te estaba afogando.
    Por se non se notou aínda, gústame a fantasía, e este tipo de libros para min é unha asinatura máis, coa que disfruto aprendendo, comparando e imaxinando características dos animais fantásticos que reiteran constantemente. Un consello para os que se queiran iniciar nesta materia: non vos ciñades a descrición dun ser por parte dun autor, senón que a maiores de contrarrestar coas aparencias que outros lle dan, tede a liberdade de deixar voar o voso miolo, pois un mesmo pode adaptar as regras ao seu xogo despois de ler o libro, de ver o filme, etc. Quen define as personaxes es ti, pois, quen sabe como son os dragóns da Terra?

    Estas catro entradas son miñas, Xian Faro Rodríguez, 3ºA ESO; síntoo, era demasiado longo.

    ResponderEliminar
  8. A profesora de lingua castelán animounos o curso pasado -ós que non estabamos no clube de letura- a ler “Donde los árboles cantan”, un libro de Laura Gallego. Non o lin, a pesar de que a un amigo lle encantou. Pasou o tempo, e este ano, unha amiga falando entre nós, reiterou no tema dos libros de Laura Gallego, e a súas palabras foron moi elocuentes, pois convenceume para comezar cun desta escritora especializada en literatura fantástica. A escolla non foi sinxela. A miña amiga resumiume todos os libros que ela lera desta autora e recomendoume comezar pola Trioloxía de “Memorias de Idhún”. Así amarrei nel e xa vou polo terceiro. Para metervos na lea, resúmobos o argumento dos dous primeiros (¡Alerta espoiler!):
    Todo comeza cando dúas persoas matan ós pais de Jack (un dos protagonistas) e por piques tamén a el, pero grazas a intervención dun mago chamado Shail e de Alsan, un espadachín. Así teletranspórtanse até un lugar chamado Limbhad, onde Jack coñece a Victoria (outra prota) e entablan amizade, e onde Shail e Alsan lles explican que eles proveñen dun mundo chamado Idhún, moi diferente á Terra, onde existían unicornios, dragóns e sheks -estes dous últimos enfrentados por natureza coma cans- pero que Ashran o Nigromante fixera unha conxunción astral que matara os cabalos do corno e ós escamosos alados. Tamén lle aclaran que o fillo do Nigromante, Kirtash, está na terra coa misión de matar a todos os “renegados”, como eles, que escaparan de Idhún á Terra, e atopar e matar ós membros da profecía. E ofrécenlle formar parte da Resistencia, o grupo encargado de buscar o último unicornio e o último dragón, exiliados na terra xusto o día da conxunción astral, para voltar a Idhún e vencer a Ashran, como dicta unha profecía. Jack acepta, e emprenden unha aventura plena de sentimentos e acción que remata co namoramento de Victoria hacia Jack e Kirtash, coa unión deste último á causa de Victoria, traizoando ó seu pai, e coa asombrosa noticia para Shail e Alsan de que os tres xóvenes son híbridos de unicornio, dragón e shek respectivamente. Alsan tamén se converte nun híbrido de bestia, incompleto, por culpa de Elrion, o antigo mago axudante de Kirtash.
    Cando todos están preparados, Kirtash ábrelle a porta a Idhún á Resistencia, á que se une a avoa de Victoria, Allegra, pois resultou ser unha feérica que protexía ó unicornio. Dende que aterran en Idhún ata que remata o libro hai moita acción, coñécense moitas personaxes e establécese un vínculo moi potente entre os tres híbridos, pero con Victoria como mediadora. Jack aprende a transformarse en dragón, cousa que Victoria e Kirtash xa sabían facer; Kirtash ten problemas para compensar as súas dúas partes que o forman (humano e shek), e Victoria consegue consagrar dous magos novos en Idhún, xa que os unicornios teñen esta tarefa.

    Perdoade, o comentario comeza aquí, e logo de arriba para abaixo dende ''O libro...''.

    ResponderEliminar
  9. Eneritz Somoza Rodríguez 3º B29 de mayo de 2015, 11:15

    COMENTARIO DEFINITIVO
    Título: A esmorga.
    Autor: Eduardo Blanco Amor.


    Lembro que o ano pasado, nunha clase de galego, estabamos estudando as formas de transmitir medo nunha narración literaria cando a profesora nos falou dun libro: A esmorga, e nel usábanse características como a escuridade, o lume, o frío..., todas elas para provocar calafríos aos lectores. Dende o momento en que o mencionou tiven ganas de comezar a lelo, mais non foi ata fai unhas semanas cando o fixen.

    O libro, a diferenza da maioría, está narrado en forma de interrogatorio. O narrador indagou nos arquivos do lugar onde nacera ata atopar a conversa entre o garda ou xuíz e o acusado. A partir do primeiro capítulo, no que o autor explica de onde obtivo esa información, pódese ler o que narrou o acusado. Atópanse escritas as intervencións de Cibrán (chamado polos seus achegados o Castizo), e só un guión nas de quen o interroga. Cibrán conta que se dirixía ás obras dunha estrada, lugar onde traballaba, cando atopou a dous coñecidos: Aladio (ao que lle chamaban o Milhomes) e Xan (o Bocas). Os tres rondaban os vinte anos, e os dous últimos atopábanse de esmorga. Como comeza a chover, Cibrán pensa que ese día non se traballaría na obra e queda un pouco con eles. Neste tempo vese na obriga de separar máis dunha vez aos seus amigos, que comezaran a pegarse. Ao final, decide acompañalos o resto do día, xa que lle preocupa o que poidan chegar facer. Esta foi a peor decisión que tomou, xa que o levaría a unha chea de desgrazas.

    Unha das características do relato é que está escrito no galego de mediados do século pasado, polo que abundan as palabras con escrita diferente a actual. Isto gústame, xa que achega unha gran cantidade de vocabulario galego que eu non coñecía. Tamén é verdade que ao comezo me dificultou a lectura, pero co paso das páxinas funme acostumando.

    O libro gustoume, sobre todo porque trata de algo real e pódense imaxinar os feitos. Mentres o lin semellaba que estaba a ler a testemuña dunha persoa nunha noticia do xornal. Mais pareceume unha historia triste, sendo o final unha desgraza. Xa dende o comezo do relato supuña que algo malo ía acontecer. O cambio do tempo meteorolóxico a medida do transcurso da historia, algunhas frases de Cibrán, que este estivera sendo interrogado..., todos estes datos indicábano. Tampouco predicía nada bo o lume no pazo, nin que ao protagonista lle parecera que todo o que acontecera aquel día fose como de días distintos.

    Se eu fose o protagonista, despois de decatarme de todo o que fixeran os seus amigos non seguiría xunto a eles, xa que non poderían traer nada bo. Ao final, todo o día de esmorga acabou pasándolles factura aos mozos, chegando a entolecelos de tal maneira ata acabar por matarse entre eles ou afogar na lagoa do vertedoiro. Cibrán, o único dos tres que chegou vivo ata o xuízo, tampouco se librou dese destino. O autor do relato preferiu deixar a súa morte de forma que cada quen puidese escoller entre se morreu polos golpes que lle proferiron os gardas ou por cravarse unha navalla. Eu penso que morreu pola segunda opción, o suicidio, xa que ao longo do interrogatorio expresou unha chea de veces que sendo un rapaz novo non sería capaz de vivir nun cárcere, privado da súa liberdade. Ao ver que o levaban preso decidiu cravarse a navalla como única saída da súa situación.

    A obra non é do tipo de libros que estou acostumada a ler, mais aínda así ten algo que me gustou, non sei se foi a realidade dos feitos ou o ben que estaba narrada a historia. Recomendaríalle ás persoas que lle gustan as novelas verosímiles que a lesen, xa que é unha boa lectura e pode amenizarche unha longa tarde de verán.

    ResponderEliminar