O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo.
Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o
Mariñeiro.
As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas
partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada
de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo si que comprende o avó. Porque é
un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando
as cousas se poñan feas, vai saber como actuar.
Paulo, ou Simbad o
Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e,
sobre todo, contra do egoísmo.
Simbad quere moito ao seu avó, porque lle ensiña a ser un bo pirata e xoga con él.
ResponderEliminarOu eso pensa o protagonista, que a medida que avanza o libro, descubre que ás veces non só necesitas imaxinación.
Madura, crece, aínda que mantén a dozura en todo o libro.
Inocencia, segredos que saen á luz.
Tristeza, valor, que Simbad emprega para atopar ao seu avó.
Pero, sobretodo, este libro reflexa VIDA.
Como pasa o tempo.
Para o pai, no traballo.
Á nai, entre preocupacións.
O avó, pásao consciente da súa enfermidade.
E Simbad? Ao principio entre xogos, pero despois...
Nunca toparei a palabra.
A historia é apasionante e á vez chega ao corazon directamente.
ResponderEliminarSon Daniel Arochena Fernández 2ºA.
ResponderEliminarEste trimestre tocou ler o libro Chamádeme Simbad, de Francisco Castro.
É un libro que vos recomendo a todas e a todos , xa que transmite sentimentos reais. Son tales que ata me parece ser eu o personaxe (neste caso Simbad ou Paulo). É un rapaz que …, en resumidas contas, é… ADMIRABLE !!!
El só quería estar co seu avó, non lle importaban os obstáculos que lle puñan para poder estar con el, que tiña alzhéimer; só el podía entendelo.
Para conseguilo tivo que loitar contra a enfermidade do seu avó, contra os seus pais e, contra o egoísmo. Non me digades que este rapaz non é admirable?
Ademais, este libro, é moi doado de ler, engancha e… emociona. Pois, fíxome sentir protagonista! Se el ría, eu tamén ría, se el choraba eu tamén.
E, para finalizar, dicirvos que a parte que máis me gustou foi o final: cando Simbad (ou Paulo ) recibiu una carta do seu avó para …
Bueno, é mellor que leades o libro, non quero descubrir todo!
Parabéns a Francisco Castro por este marabilloso libro, e ao club de lectura por escollelo para ler.
Ata outra!
Antía Mª Varela Hermelo
(1º ESO –A)
Chamádeme Simbad pareceume un libro moi bonito. Eu xa lera outros libros que trataban o tema da relación entre os avós e netos, e todos me parecían aburridos. Este pareceume diferente: o alzheimer é unha enfermidade horrible, mais o avó lévaa moi ben, en parte grazas ao seu amor polas aventuras de piratas e ao seu neto Paulo (Simbad). Nesta historia tamén está reflexado o invento que foi o teléfono móbil, algo que me parece xenial, porque, ao igual que o pai de Paulo, moitas e moitos de nós non somos quen de desapegarnos do teléfono. O que máis me gustou do libro foi o final, porque o pai de Paulo e o seu tío Bernardino arranxan todos os seus problemas e o avó está feliz no centro de día. Pareceume un libro xenial.
ResponderEliminar
ResponderEliminarEste trimestre tocou ler o libro Chamádeme Simbad, de Francisco Castro.
É un libro que vos recomendo a todas e a todos , xa que transmite sentimentos reais. Son tales que ata me parece ser eu o personaxe (neste caso Simbad ou Paulo). É un rapaz que …, en resumidas contas, é… ADMIRABLE !!!
El só quería estar co seu avó, non lle importaban os obstáculos que lle puñan para poder estar con el, que tiña alzhéimer; só el podía entendelo.
Para conseguilo tivo que loitar contra a enfermidade do seu avó, contra os seus pais e, contra o egoísmo. Non me digades que este rapaz non é admirable?
Ademais, este libro, é moi doado de ler, engancha e… emociona. Pois, fíxome sentir protagonista! Se el ría, eu tamén ría, se el choraba eu tamén.
E, para finalizar, dicirvos que a parte que máis me gustou foi o final: cando Simbad (ou Paulo ) recibiu una carta do seu avó para …
Bueno, é mellor que leades o libro, non quero descubrir todo!
Parabéns a Francisco Castro por este marabilloso libro, e ao club de lectura por escollelo para ler.
Ata outra!
Antía Mª Varela Hermelo
(1º ESO –A)
Este libro encantoume. Pareceume que era coma a realidade: a moitos nenos lles sucede que os seus avós teñen alzheimer e é moi duro. Non cría que ningún autor escribiría sobre este tema para nenos.
ResponderEliminarPareceume moi divertido que o avó chamara Simbad ao seu neto e que pensara que era un pirata, aínda que tamén daba pena.
Foi moi triste cando o avó escapou pero foi moi alegre cando o atopou. Gustoume moito o final.
Gustoume moito. Que digo moito, moitísimo!!
ResponderEliminarUnha das cousas que máis me gusta deste libro é que toda a historia vai contada dende o punto de vista do neno, cousa que permite que o lector se poña no seu lugar.
Os momentos que máis me gustaron foron:
_"Cando todo isto remate, farasme empanada de xoubas?" Xusto cando estaban todos alporizados na Taberna do Pirata.
_Emocionoume moito cando o avó contou o que pasou hai 10 anos.
_Non diría que me gustase, máis ben impresionoume cando Paulo berrou na taberna, para que todos calasen.
_Tamén me gustou o momento en que Paulo está a comer tortilla co avó.
Hai dúas cousas que me chamaron a atención: o final do libro, comenta como acabaron algúns dos personaxes (é unha boa forma de rematar un libro); e as ilustracións: Paulo sempre vai vestido de Simbad, aínda que non se disfraza del ata máis da metade do capítulo catro. Encantoume esa forma de caracterizar o personaxe. Eu prefiro lembralo como Simbad mais que coma Paulo, el mesmo o pide "Chamádeme Simbad".
O libro de Chamádeme Simbad pareceume unha historia moi ben relatada, moi sincera e inocente, aínda que un pouco triste pola enfermidade do avó, pero en xeral gustoume.
ResponderEliminarEnrique Rabadán Torres 2ºA
Neste trimeste o libro que tocou ler foi o de "Chamademe Simbad"este libro pareceme moi bonito por que ten un pouco de relacion coa miña vida por q a miña avóa tamen te alceimer e encantame estar con ela. Pareceme moi bonito todo o que intenta facer Simbad ou Paulo polo seu avó ,tamen ten alguns moventos que me fixeron graza.É UN LIBRO MOI BONITO.
ResponderEliminarMARÍA TEIJEIRA PÉREZ 1ºB
O libro gustoume moito, trataba dunha historia ben fermosa e divertida. as primeiras páxinas non me "chistaban" moito pero acabei enganchándome ao libro. Gustoume moito
ResponderEliminarNunca imaxinei que o amor dun neno polo seu avó puidese ser tan forte como para que un rapaz tan pequeno marchase da casa buscándoo e sen realmente saber o que ía pasar, a onde ía ir... O seu amor é tan forte que foi quen de enfrontarse a unha enfermidade para intentar vencela. O amor foi capaz de xuntar unha familia que había tempo que estaba rota.
ResponderEliminarEste libro encantoume, aínda que é un pouco triste.
Paulo ten un avó moi especial: seu pai, coa orella vermella ás voltas, non se dá conta da situación; a nai di que tolea. Falan entre eles e deciden levalo a unha residencia, pero o avó non é parvo, dáse conta de que non o queren na casa e decide marchar. Paulo, farto das mentiras dos pais, recibe unha carta dun tal "capitán dos sete mares" ou "Barba azul". Recoñece ao instante quen é o emisor, o avó desaparecido, que cando falaban entre eles chamábao así. Ao ler a carta, Paulo decide embarcarse nunha aventura tras do avó.
ResponderEliminarEncantoume. É un libro xenial.
chamademe Simbad! pareceume un libro xenial , sobre todo por ese amor que ten o nene polo seu avo.
ResponderEliminarpareceume un pouco triste por que o avo ten aceimer unha enfermidade bastanta mala , pero houbo cousas moi divertidas .
haber cal e o seguinte libro
Chamádeme Simbad pareceume un libro moi interesante. Penso que fai que os nenos e nenas aprendan moitos valores, como cando o avó estaba enfermo, que seguiron para delante a pesar de iso. Recomendo este libro.
ResponderEliminarAna García Ben 2º ESO A
Chamádeme Simbad é unha historia moi bonita , que te engancha moito e non podes parar de lelo. A miña parte preferida é a do avó cando se marcha da casa e o teñen que ir buscar. Ó final non me gustou tanto como o resto do libro, pero aínda así é moi bonito.
ResponderEliminarIRIA PUGA MARTÍNEZ 2º ESO A
Encantoume o libro, máis ca nada porque me sinto identificada con Paulo, o meu avó tamén ten unha enfermidade e, ás vecces, váiselle un pouco a cabeza e sei polo que está a pasar.
ResponderEliminarGustoume moito que o chamara Simbad e que lle contase a historia porque o meu pai, cando o meu irmán e mais eu eramos cativos, contábanos o conto de Simbad.
O libro gustoume moito,é un dos meus favoritos!!
Este libro gustome moito. Pareceume moi bonito e intrigante. Tamén me pareceu triste e forte cando o avó foxe da casa e tamén a súa enfermidade.
ResponderEliminarPersoalmente pareceume un libro fermosísimo, non o digo por dicir, se nn que me parece que o contido é inesperado e que, unhas partes son para chorar e outras para escachar a rir. Moita xente di que para sentir este libro hai que ter un avó con ese problema, pero eu non estou de acordo. Eu non teño ningún avó enfermo, mais este libro fíxome reflexionar sobre como sería ter un avó ou avoa así.
ResponderEliminarRecomendo este libro a calquera persoa que lle guste ler, e tamén aos que non, porque sei que lles vai gustar.
Nunca imaxinei que tras esta portada tan fermosa, a través da cal podías imaxinar mil e unha historias, se agochase esta en particular. Tan tráxica pero á vez tan doce, ás veces triste, outras divertida ata facerte escachar coa risa. Este revoltallo de emocións paréceme o ideal para un bo libro.
ResponderEliminarChegoume ao corazón a relación entre Paulo e o seu avó. Están tan unidos, malia a enfermidade de "Capitán dos Sete Mares", é admirable. En toda a historia, o comportamento do pai non foi o máis adecuado. Con todo, foi unha historia entenrecedora.
Este libro pareceume moi bo, por ese toque de misterio. É un dos mellores libros que lin. Unha das cousas que máis me gustou do libro foi o avó de Paulo (Simbad o mariñeiro) porque pola súa imaxinación vexo reflexado ao meu avó. Outra das cousas que máis me gustou foi que Paulo loitase contra a enfermidade do seu avó á vez que pasan xuntos unha grande aventura.
ResponderEliminarEste libro encantoume,se tivera que escoller,unha parte,custaríame moito decidir,pero escollería o final,que é unha parte moi bonita,tanto,tanto,que chegei a chorar,e a rir moito. Tamén chorei cando desapareceu o avó que semellaba estar tolo,cando en realidade,aínda se lembra de moitas cousas. Animádevos a ler este libro,mais deveríades saber que cando comencesdes non poderedes parar ata que o rematedes...
ResponderEliminarO libro que tiña que ler, Chamádeme Simbad é un pouco confuso ao comezo; fala de que o pai de Paulo está sempre co teléfono móbil, non o solta nin para ir ao baño. Ao avó do neno cústalle lembrarse dos nomes, xa que chama ao seu neto Simbad. A pesar disto é moi bonito e divertido. Creo que deberíamos falar todos en galego, e este libro é a mi recomendación para escribir, ler e falar en galego e acostumarnos a usar este idioma.
ResponderEliminarGustoume moito o libro, é moi bonito. Aprecio a idea dos piratas e que as mezcle coa enfermidade do avó, como facendo un xogo. É cortiño pero encántoume a verdade. Francisco Castro redacta moi ben os contos para nenos. Este é un libro dos que máis me gustou porque o seu vocabulario non é tan difícil coma outros. O recomendo.
ResponderEliminarMaría González 1ºC
O libro gustoume moito. Ao principio intrigeime moito por saber que pasaba,cando o acabei tiven moitas ganas de lerlo outra vez. Tamén tiña un toque de misterio moi interesante. Este libro foi o que mais me gustou de todos as que lín na miña vida.
ResponderEliminarLydia Otero 1º A
Este libro pareceume moi bonito e sentimental. Cando o comecei a ler sentinme identificada co rapaz porque o meu pai pasa moito tempo co móbil por culpa do traballo.
ResponderEliminar