Realizamos unha exposición no vestíbulo do centro onde podedes consultar as obras escritas por Rosalía e outras publicacións que lle renden homenaxe.
Xa para rematar coas homenaxes a Rosalía, hoxe, 26 de febreiro tivemos a sorte de contar coa presenza de Xurxo Martínez, un especialista no Rexurdimento galego e na obra de Rosalía de Castro. Comezou o seu relatoiro explicando a orixe do termo Rexurdimento e a súa vinculación co resto das literaturas europeas para pasar axiña a centrarse na obra da poetisa máis universal. Fixo mención das temáticas frecuentes en Cantares gallegos vinculándoas con todos os problemas sociais que padecía Galicia no S. XIX e animou ao noso alumnado a recitar algúns dos poemas de Cantares.
Gustóume moito,é un libro interesante ,é divertido e orixinal.As ilustreaacions son bonitas e moi orixinais.
ResponderEliminarLucía Mira Gálvez 1ESO A.