martes, 24 de febrero de 2015

178 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA





A nosa profesora Beatriz, en coordinación coa Biblioteca e mais coa Comisión de Normalización Lingüística, levou a cabo a conmemoración do aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO.
Traballou co alumnado dos grupos de 1º ESO A e mais co de 1º BACH D e F.
Esta actividade consistiu na preparación de flores feitas coa técnica do origami polo alumnado e a posterior entrega das mesmas a todo os membros do centro, docentes e non docentes. Todo o mundo portaba unha flor de Rosalía.
Canda a entrega das flores, o alumnado de 1º ESO A foi lendo un fragmento en prosa do prólogo de Cantares gallegos en cada unha das aulas.
Parabéns para Bea e mais para o seu alumnado.














miércoles, 4 de febrero de 2015

Namórate de ti. 14 de febreiro.

Con motivo do Día de San Valentín, o poema de Martha Rivera Garrido fala por si mesmo.


Ti decides. Ti mandas.

Carol Rossetti preséntanos unha serie de imaxes ilustradas para facernos reflexionar sobre a situación da muller no mundo actual. Refírese a temas tan  importantes como: a imaxe de si mesma, a aceptación do seu corpo coas diferenzas particulares que a fan especial, a crítica aos modelos establecidos... Non perdas esta ocasión e visita a exposición situada na entrada do noso instituto.
 

lunes, 12 de enero de 2015

UNHA ESTRELA NO VENTO. Autora: Ledicia Costas. Ed. Xerais.


Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo se derruba dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse por ela. Ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ó que todos eles agardan. Miguel Foz atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

LIBROS DE LECTURA (1º e 2º DE E.S.O). Curso 2014-2015.

Malditas matemáticas. Carlo Fabretti.

El crimen de la hipotenusa. Emili Teixidor.

El asesinato del profesor de matemáticas. Jordi Sierra i Fabra.



domingo, 7 de diciembre de 2014

1ª XUNTANZA DO CURSO DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS




Como vén sendo xa habitual por estas datas, o pasado luns 1 de decembro dos correntes, o Club de Lectura de Adultos do noso centro celebrou o seu primeiro xantar de traballo. Falamos sobre as distintas obras marcadas a finais do curso pasado para este primeiro trimestre:


1.- NEMIROVSKY, Irene. "Suite francesa".
2.- MARSÉ, Juan. "El amante bilingüe".
3.- BOUZAS, Pemón. "A voz do vento".
4.- ANEIROS, Rosa. "Ámote, Leo A.".
5.- CABRÉ, Jaume. "Yo confieso".
6.- GOLDING, William. "El señor de las moscas".
7.- DENEVI, Marco. "El jardín de las delicias".
8.- CHIRBES, Rafael. "En la orilla".
9.- AUSTER, Paul. "Mr. Vértigo".
10.- AUSTER, Paul. "La noche del oráculo".
11.- In memoriam: GARCÍA MÁRQUEZ, Gabriel. "Crónica de una muerte anunciada": relectura do texto pero cunha guía de lectura, para chegar máis ao fondo da novela.

E marcamos xa as lecturas sobre as que falaremos no 2º trimestre. Desta vez, imos especializarnos na lectura de relatos:

1.- ERNEST HEMINGWAY. "El gato bajo la lluvia" (relato).
2.- HERMAN MELVILLE. "Bartleby (relato)".
3.- SERGI PÀMIES. Si te comes un limón sin hacer muecas (libro de relatos).
                                 Debería caérsete la cara de vergüenza (libro de relatos).
4.- MIRCEA CARTARESCU. ¿Por qué nos gustan las mujeres? (libro de relatos).
5.- HARUKI MURAKAMI. "Sobre encontrarse a la chica cien por cien perfecta una       bella mañana de abril".
6.- RAFAEL DIESTE. Dos arquivos do trasno (libro de relatos).












A BIBLIOTECA CONMEMORA O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

A nosa biblioteca conmemorou o
 DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER:
Entre outras actividades, foi lido un texto explicativo desta efeméride en todas as aulas o martes 25 de novembro e en moitas delas estableceuse un debate sobre o tema.
Asemade foron entregadas pulseiras conmemorativas elaboradas polo alumnado a todos e cada un do alumnado e profesorado do centro.
BIBLIOCASARES





domingo, 30 de noviembre de 2014

ACTIVIDADES DE PAPIROFLEXIA NA BIBLIOTECA

Catro alumnos de 3º ESO B: DANIEL ROMÁN, PABLO SIERRA, ÁLEX ÁLVAREZ e JOSUÉ ESTÉVEZ aprenderon a facer traballos de papiroflexia ao alumnado de 1º ESO A





lunes, 10 de noviembre de 2014

CHAMÁDEME SIMBAD. Autor: Francisco Castro. Ed. Galaxia.


O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro.
As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo si que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar.
Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.

sábado, 1 de noviembre de 2014