Unha escultura do profesor de plástica, Ángel (Piquico), preside e vixía a nosa biblioteca.
Moito ollo, esta avestruz pode ver absolutamente todo o que sucede na biblio!!
domingo, 7 de febrero de 2016
domingo, 31 de enero de 2016
DÍA DA ILUSTRACIÓN
O 30 de xaneiro foi o Día Internacional dedicado á Ilustración. Este ano quitemos dedicarle especial atención a esta faceta da arte tan fundamental, a través da cal magníficos profesional manifiestan a súa particular visión do mundo. A ilustración é, en moitas ocasión, unha manera lúdica de achegarnos ao libro e a diferentes acontecimientos do devir da historia.
O venres contamos coa presenza do ilustrador vigués: Federico Fernández. É o responsable das ilustracións de libros infantís e non tan infantís como: Chibos, Chibóns, Onde Lúa perdeu o sorriso? ou a súa última creación Balea. Conquistou ao alumnado de 2º de ESO e parte de 1º de ESO e Bacharelato, facendo un percorrido dende a orixe do álbum ilustrado e a súa importancia na actualidade.

DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro é o Día da Paz, e como vén sendo costume, no IES Carlos Casares lembramos esta efeméride para non esquecer un desexo tan necesario hoxe en día: que haxa paz no mundo. O alumnado, nas aulas de Educación Plástica coa profesora Almudena Lacomba, realizou un caligrama a partir da silueta da pomba e acompañada
de textos explicativos sobre este día: cales foron os Premos Nóbel da Paz e a orixe da celebración desta data.
de textos explicativos sobre este día: cales foron os Premos Nóbel da Paz e a orixe da celebración desta data.XOVES DE COMADRES E COMPADRES
O xoves, 28 de xaneiro demos comezo ao Entroido no IES Carlos Casares. O profesor de plástica, Ángel, rendeu homenaxe a dúas figuras do entroido tradicional galego: os Lardeiros. Podedes velos no vestíbulo do instituto e, como manda a tradición, colgados.
miércoles, 27 de enero de 2016
jueves, 14 de enero de 2016
A TROPA DE TRAPO
O martes día 12 de xaneiro, os alumnos de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato asistiron á representación de A Tropa de Trapo no salón de actos. Foi un espectáculo de música e contos. Marta relatou contos de tradición árabe e Brais, de tradición popular galega. Disfrutamos coa interpretación.
A continuación, realizouse un obradoiro con alumnos de 3º e 4º da ESO moi interesante.
GAÑADORES DO II CONCURSO DE FOTO-RELATOS CURTOS
Xa temos a gañadora do concurso:
- Antía Lago Nieto. IES Carlos Casares, 2º C.
Semifinalistas:
- Antonio Varela Gil. Centro: Manuel Antonio.
- Thais Souto Espiñeira. IES Carlos Casares. 4º C.
Noraboa a todos os participantes.
- Antía Lago Nieto. IES Carlos Casares, 2º C.
Semifinalistas:
- Antonio Varela Gil. Centro: Manuel Antonio.
- Thais Souto Espiñeira. IES Carlos Casares. 4º C.
Noraboa a todos os participantes.
jueves, 17 de diciembre de 2015
CLUB DE LECTURA: O ACHADO DO CASTRO
O luns 17 de decembro de 2015, o alumnado do Club de lectura de primeiro e segundo de ESO tiveron a gran sorte de contar co escritor Manuel Núñez Singala, autor do libro que previamente leramos nunha sesión do club de lectura: O achado do castro. Pasamos unha hora moi amena e divertida: Singala analizou os personaxes : Catulo e Caleno e mais os soldados, establecendo paralelismos con parellas recoñecidas do mundo do cómic (Asterix e Obélix), da novela (Don Quixote e Sancho Panza). Ensinounos diferentes representacións da obra ao longo da nosa terra e realizada tanto por rapaces adolescentes como por adultos e incluso persoas que viven nunha residencia da terceira idade.
POR QUE NON EN GALEGO?
O pasado luns 14 de decembro, os grupos de primeiro e segundo de Bacharelato asistimos a un relatorio no Salón de Actos. Tivemos o gusto de recibir ao filólogo e escritor Manuel Núñez Singala. Ao longo da súa carreira como escritor foi introducíndose nos diferentes xéneros: teatro, narrativa e ensaio. É un acérrimo defensor da letra impresa porque, segundo el di "axúdanos a pensar".
Comezou a súa intervención facendo unha breve reseña do seu traballo vinculado coa Universidade de Santiago e da súa obra publicada. A seguir introduciunos no tema do relatorio: Por que non en galego? Achegounos unha visión diferente sobre a cuestión da lingua: por que temos que elixir entre dúas linguas cando temos a posibilidade de utilizar as dúas? Fíxonos ver outros puntos de vista e sobre todo, a través de diferentes vídeos, abriunos os ollos fronte á presión que exerce a sociedade en nós, como sen querelo actuamos como a maioría.
Fíxonos ver a necesidade de coidar a nosa lingua, é o noso patrimonio e necesita da nosa voz para que non se perda.
Foi unha gran charla e gustaríanos moito que volvese.
Autores: Isaac Villar Romero e Antía Andrés Fernández

jueves, 10 de diciembre de 2015
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS. Curso 2015 - 2016.
Títulos propostos:
Sueño profundo. Banana Yoshimoto.
Seda. Tres veces al amanecer. Alessandro Baricco.
Dime qué te pasa y te diré qué peli ver. Lara Malvesí y Sandra S. Lopera.
O ocaso da familia Portela. Noa Pérez González.
El túnel. Ernesto Sábato.
El hombre en busca de sentido. Viktor Frankl.
Musicofilia. Oliver Sacks.
Cuentos macabros. E. A. Poe.
Persépolis. Marjare Satrapi.
Don Quijote de la Mancha de Miguel de Cervantes. Versión en castellano actual de Andrés Trapiello.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)