jueves, 12 de mayo de 2016

RECITAL POÉTICO EN GALEGO.



O luns nove de maio, as poetisas María Lado e Lucía Aldao, coa súa guitarra, recitaron poemas das súas propias obras, no auditorio do noso instituto. Asistiron os alumnos de 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato.
Ademais dos seus poemas, fixeron unha adaptación dunha canción de Rocío Jurado, en galego.
Interactuaron intensamente co público, incluso fixeron un poema colectivo, repartindo previamente versos nuns papeis para que calquera que quixera participara na súa recitación. Algúns destes versos eran de Manuel Antonio. As Vangardas literarias seguen en vigor. 
Foi unha tarde poética inolvidable.

Cartel Aldao-Lado

No hay comentarios:

Publicar un comentario