O pasado luns, día dous de maio, a compañía teatral "A PANADARÍA" representou a obra "PAN! PAN!" no auditorio do noso instituto.
Tratábase dunha parodia dos "westerns americanos", con música vocal en directo.
En escena estaban só tres actrices (Areta, Noelia e Ailén), axudadas unicamente por unha bandeira dos Estados Unidos.
Esta comedia reflectiu o mundo dos vaqueiros e dos indios, pero dun xeito diferente, defendendo o amor más alá das apariencias externas.
Houbo balas, country, whisky, risas e reflexión, cun final sorprendente.
A obra recibiu os seguintes premios:
Primeiro Premio Xuventude CREA 2013.
Premio Crítica Galicia 2015.
Premio María Casares 2015 a: Areta Bolado, mellor actriz secundaria, e nominación a mellor música orixinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario