Esta é unha nova sección que poderedes encontrar dentro do menú "Itinerario lector" e nela iranse publicando periodicamente poemas escollidos polos diferentes grupos de alumnos do centro.
sábado, 24 de diciembre de 2016
miércoles, 21 de diciembre de 2016
CHEGOU O NADAL Á BIBLIOTECA DO CARLOS CASARES
TODOS OS QUE FRECUENTAMOS A BIBLIOTECA: ESTUDIANTES,VOLUNTARIADO E EQUIPO, QUEREMOS DESEXARVOS
MOI BOAS FESTAS!!!
UN LIBRO
QUÉNTANOS
NO
INVERNO
O MELLOR
AGASALLO
UN LIBRO
UN
BICO
PARA
TODOS
jueves, 15 de diciembre de 2016
O día 25 de novembro dende a biblioteca conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Repartimos pulseiras
moradas que simbolizan o rechazo á violencia. O alumnado posicionase así
cun elemento visible, toma partido e rexeita
calquera xeito de violencia contra as mulleres.
O alumnado de 2º C realizou unha actividade co titulo Non te deixes Enredar, na que simulou conversas a través da aplicación de whatsApp sobre o acoso e a violencia nas redes sociais. Estas mensaxes despois colocáronas nunha rede que colgamos no teito, para que a través da metáfora da rede se decatasen que é neste ámbito das novas tecnoloxías onde lles afecta a eles e a elas directamente e dende unha idade moi temperá.
O alumnado de 2ºB realizou un mural en homenaxe ás mulleres mortas en 2016. Escribiron o nome, a data do falecemento e a localidade onde foran asasinadas.
domingo, 4 de diciembre de 2016
Teatro científico con ARTELLO TEATRO
Os días 7 e 8 de novembro, no auditorio do noso instituto, a compañía de teatro de Vigo ARTELLO TEATRO presentou a súa obra "Non toques os meus círculos". Estas foron, segundo conta a lenda, as derradeiras palabras de Arquímedes de Siracusa antes de morrer a mans dun soldado romano no século III a.C.
Este espectáculo fai unha reflexión en clave de humor sobre a difícil relación entre ciencia e poder, ademais de facer un percorrido pola figura de Arquímedes, os seus descubrimentos e inventos e como estes foron moi útiles na defensa da cidade.
En escena e botando man dunha maleta, un ukelele, unha bufanda e poucos elementos máis, Santiago Montenegro encárgase de dar vida a unha quincena de personaxes e da interpretación en directo das cancións do espectáculo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)