O día 25 de novembro dende a biblioteca conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Repartimos pulseiras
moradas que simbolizan o rechazo á violencia. O alumnado posicionase así
cun elemento visible, toma partido e rexeita
calquera xeito de violencia contra as mulleres.
O alumnado de 2º C realizou unha actividade co titulo Non te deixes Enredar, na que simulou conversas a través da aplicación de whatsApp sobre o
acoso e a violencia nas redes sociais. Estas mensaxes despois colocáronas nunha
rede que colgamos no teito, para que a través da metáfora da rede se
decatasen que é neste ámbito das novas
tecnoloxías onde lles afecta a eles e a elas directamente e dende unha idade
moi temperá.
O alumnado de 2ºB realizou un mural en homenaxe ás mulleres mortas en 2016. Escribiron o nome, a data do falecemento e a localidade onde foran asasinadas.
Esta actividade complementouse coa que realizou o alumnado de
2ª, B e C que consistiu nuha lectura colectiva para poñelo en en común e reflexionar sobre todas as formas
que se consideran violencia contra as mulleres:física, psicolóxica, moral… Ao final leron o nome das mulleres asasinadas en Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario