
Este espectáculo fai unha reflexión en clave de humor sobre a difícil relación entre ciencia e poder, ademais de facer un percorrido pola figura de Arquímedes, os seus descubrimentos e inventos e como estes foron moi útiles na defensa da cidade.
En escena e botando man dunha maleta, un ukelele, unha bufanda e poucos elementos máis, Santiago Montenegro encárgase de dar vida a unha quincena de personaxes e da interpretación en directo das cancións do espectáculo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario