viernes, 13 de enero de 2017
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS 2016-2017
Títulos propostos:

-Biografía gráfica de Ana Frank, editorial Norma. Esta obra vai un pouco máis alá da Segunda Guerra Mundial, remóntase a finais de 1914. Partindo da voda de seus pais, dá a coñecer a infancia da protagonista ata que a familia ten que buscar refuxio. A obra, con formato cómic, ofrece datos históricos que fan posible coñecer mellor o sucedido.

-El misterio Velázquez, de Elicer Cansino. A obra céntrase en Nicolás Pertusato, unha das personaxes que aparecen no cuadro das Meninas. O misterio xira arredor da Cruz de Santiago, que Nicolás terá que pintar, xa que Velázquez está doente.

-Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz. A autora conta, nesta historia escrita en galego, a súa propia vida de loita pola supervivencia, unha vida atrapada pola droga e o VIH.

-Sostiene Pereira, de Antonio Tabucchi. Unha novela histórica ambientada en Lisboa, en pleno réxime salazarista. Ó final do libro o autor explica que "pereira", como tódolos nomes de árbores frutais, é de orixe hebrea. Con iso quiso rendir homenaxe ó pobo xudeu, perseguido polos fascismos europeos daqueles anos.
sábado, 24 de diciembre de 2016
O poema do mes
Esta é unha nova sección que poderedes encontrar dentro do menú "Itinerario lector" e nela iranse publicando periodicamente poemas escollidos polos diferentes grupos de alumnos do centro.
miércoles, 21 de diciembre de 2016
CHEGOU O NADAL Á BIBLIOTECA DO CARLOS CASARES
TODOS OS QUE FRECUENTAMOS A BIBLIOTECA: ESTUDIANTES,VOLUNTARIADO E EQUIPO, QUEREMOS DESEXARVOS
MOI BOAS FESTAS!!!
UN LIBRO
QUÉNTANOS
NO
INVERNO
O MELLOR
AGASALLO
UN LIBRO
UN
BICO
PARA
TODOS
jueves, 15 de diciembre de 2016
O día 25 de novembro dende a biblioteca conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Repartimos pulseiras
moradas que simbolizan o rechazo á violencia. O alumnado posicionase así
cun elemento visible, toma partido e rexeita
calquera xeito de violencia contra as mulleres.O alumnado de 2º C realizou unha actividade co titulo Non te deixes Enredar, na que simulou conversas a través da aplicación de whatsApp sobre o acoso e a violencia nas redes sociais. Estas mensaxes despois colocáronas nunha rede que colgamos no teito, para que a través da metáfora da rede se decatasen que é neste ámbito das novas tecnoloxías onde lles afecta a eles e a elas directamente e dende unha idade moi temperá.
O alumnado de 2ºB realizou un mural en homenaxe ás mulleres mortas en 2016. Escribiron o nome, a data do falecemento e a localidade onde foran asasinadas.domingo, 4 de diciembre de 2016
Teatro científico con ARTELLO TEATRO
Os días 7 e 8 de novembro, no auditorio do noso instituto, a compañía de teatro de Vigo ARTELLO TEATRO presentou a súa obra "Non toques os meus círculos". Estas foron, segundo conta a lenda, as derradeiras palabras de Arquímedes de Siracusa antes de morrer a mans dun soldado romano no século III a.C.
Este espectáculo fai unha reflexión en clave de humor sobre a difícil relación entre ciencia e poder, ademais de facer un percorrido pola figura de Arquímedes, os seus descubrimentos e inventos e como estes foron moi útiles na defensa da cidade.
En escena e botando man dunha maleta, un ukelele, unha bufanda e poucos elementos máis, Santiago Montenegro encárgase de dar vida a unha quincena de personaxes e da interpretación en directo das cancións do espectáculo.
viernes, 28 de octubre de 2016
O SAMAÍN
SAMAÍN
Samhain es la festividad de origen celta más importante del periodo pagano que dominó Europa hasta su conversión al Cristianismo.
La noche del 31 de octubre al 1 de noviembre servía como celebración del final de la temporada de cosechas en la cultura celta. Esta fecha era considerada como el "Año Nuevo Celta", que comenzaba con la estación oscura. Es tanto una fiesta de transición (el paso de un año a otro) como de apertura al otro mundo. Su etimología es gaélica y significa "fin del verano".
Ha sido practicada desde hace más de tres mil años por los pueblos celtas que han poblado toda Europa.
miércoles, 26 de octubre de 2016
24 DE OCTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS
¡¡¡¡FELICIDADES, BIBLIOCASARES!!
Desde 1997, cada 24 de octubre se conmemora el Día de la Biblioteca, una iniciativa de la Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, con el apoyo del Ministerio de Cultura, en recuerdo de la destrucción de la Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992 durante la Guerra de los Balcanes. Esta conmemoración nació para trasladar a la opinión pública la importancia de la biblioteca como lugar de encuentro de los lectores de todas las edades con la cultura, y como un instrumento de mejora de la formación y la convivencia humana.
Desde 1997, cada 24 de octubre se conmemora el Día de la Biblioteca, una iniciativa de la Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, con el apoyo del Ministerio de Cultura, en recuerdo de la destrucción de la Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992 durante la Guerra de los Balcanes. Esta conmemoración nació para trasladar a la opinión pública la importancia de la biblioteca como lugar de encuentro de los lectores de todas las edades con la cultura, y como un instrumento de mejora de la formación y la convivencia humana.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











