miércoles, 10 de junio de 2015

O CLUB DE LECTURA ESTÁ DE NORABOA

O equipo da Biblioteca e os membros do club de lectura queremos darlles os parabéns a SIRA RICOY e XIAN FARO, por ter quedado  finalistas na terceira edición dos premios Rosalía de Castro e no certame patrocinado pola FEANPA e a editorial Kalandraka.
Agardamos que estes sexan os primereiros dos moitos que ides acadar ao longa da vosa vida.


PARABÉNS!!!!!!


martes, 9 de junio de 2015

Encuentro literario con Sonia Mirón.

SI TÚ QUIERES.

El viernes 22 de mayo nuestro centro recibió la visita de la escritora viguesa Sonia Mirón
Su primera novela juvenil, titulada Si tú quieres, ha tenido muy buena acogida entre nuestros alumnos de 3º de ESO.
La novela estaba incluida en una selección de libros de lectura y casi la mitad de los alumnos la eligió. Uno de sus mensajes: “Nunca es demasiado tarde para ser lo que podrías haber sido” (George Eliot) se cumple a la perfección en su protagonista Dani, el alumno que descubre en el conserje de su instituto, don Andrés, una importante ayuda para el cambio.
La actividad tuvo lugar en la biblioteca. Sonia habló del proceso creador de sus personajes y algunos alumnos le formularon preguntas de interés. Una alumna le presentó y regaló un collage que recogía su visión personal de la novela. Fue un encuentro especial, entrañable, mágico y enriquecedor. ¿Para cuándo una segunda parte? Lo está pensando...
Si no has leído todavía el libro, puedes pedirlo en nuestra biblioteca. “Una amistad imprevista, un amor inesperado y la música envolviéndolo todo” te está esperando, si tú quieres.

jueves, 4 de junio de 2015

QUE CHOVA!!!!

O alumnado de 3º PDC e 2º ESO C participou durante este curso no "Plan Proxecta Meteoescolas" cun proxecto que leva por título QUE CHOVA!
No vestíbulo do centro podemos ver a exposición dos seus traballos: cataventos, anemómetros, mapas meteorolóxicos manipulables e refráns que o alumnado de 1ºESO foi recollendo e inventariando en colaboración coas familias e coa biblioteca.
A biblioteca cedeu o espazo para a exposición.





miércoles, 3 de junio de 2015

Chamádeme Simbad. Francisco Castro

Francisco Castro acompañou ao noso alumnado de Club de Lectura de 1º e 2º de ESO, o venres 29 de maio. Durante a tertulia, centrada no libro Chamádeme Simbad,o autor explicou a xénese do libro: a   enfemidade da nai e tamén os motivos que levaron a darlle este enfoque diferente: quería diminuír a dureza desta enfermidade - o Alzheimer- tan cruel, que n os vai privando de algo tan fundamental para a nosa existencia como é a memoria.
Francisco Castro destacou a presenza dos piratas e todas e cada unha das súas obras literarias, o motivo reside na súa infancia e adolescencia: asistía ás sesións continuas do cine Roxi, en Teís, e alí as películas de pritatas, con Jack Sparrow á cabeza, predominaban.
O personaxe favorito do libro para o autor é o tío Bernandino, un bonachón que sabe facerse cargo da situación sen danar a ningén.
Francisco deixou tempo para o diálogo e o alumnado tivo a posibilidade de preguntar por que no libro aparecía  a empanada de xoubas o por que o protagonista era un neno.
Un remate de curso e colofón aos Clubs de Lectura moi agradable.







jueves, 21 de mayo de 2015

"DON GIOVANNI", da compañía da ESAD-VIGO L'INDIGNATI. UNHA MOI DIVERTIDA E DIDÁCTICA REPRESENTACIÓN TEATRAL










Co gallo da conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, a Biblioteca e mais a Comisión de Normalización Lingüística organizaron o pasado luns 18 de maio a representación teatral escenificada por un dos grupos teatrais da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD-Vigo).
A compañía de L'INDIGNATI, formada por alumnado de 3º de Interpretación da ESAD de Vigo, dirixida polo seu profesor NANDO LLERA, fixo as delicias do público (2º ciclo da ESO e Bacharelato) representando unha parodia do mito do DON JUAN dentro da estrutura da COMMEDIA DELL'ARTE. Unha excelente interpretación que nos fala da recoñecida calidade da ESAD de Vigo.
Rimos a esgalla porque os gags eran constantes, moi ben metidos, con referencias á actualidade. A maiores, adentrámonos por unha banda no particular xénero teatral da Commedia dell'Arte e pola outra no argumento do mito do Don Juan.
Non foi menos interesante o coloquio final, as espelidas preguntas do noso alumnado e a valiosa información que nos achegaron actores, actrices e director acerca dos estudos de arte dramática na súa escola.

miércoles, 20 de mayo de 2015

LETRAS PARA MUSEOS

Non só das paredes dos museos colgan obras de arte, tamén das do IES Carlos Casares penden verdadeiras obras de arte en verso.
O alumnado de 1º de ESO lembrouse do Día Internacional dos Museos deixándose levar e gozando dos cadros de pintores tan emblemáticos e recoñecidos como Van Gogh ou Picasso. Animados e guiados pola profesora de Educación Plástica e Visual, Almudena, aprenderon a valorar unha obra de arte atendendo a unha análise sensorial, descritiva e temática, formal e contextual. Puideron gozar das sensacións que nos transmite unha pintura, deixando que as cores cobren forma en nós, ver que historias hai máis alá do cadro ou descubrir cal será, para nós e para o artista, o centro de atención.
A partir da análise profunda e subxectiva destes cadros-láminas, o alumnado elaborou fermosos poemas nos que deixan constancia das sensacións e sentimentos que eses cadros lles producen.

Velaquí  dous poemas inspirados no cadro de Van Gogh A noite estrelecida:



Vexo luces e sombras,
no ceo dunha noite tranquila,
o vento recólleas cun suspiro
xunto coa miña tristura polo día.
As luces nas casas seguen acendidas
igual cás estrelas brillan,
brillan con alegría.
Non se decatan do que pasa aquí abaixo,
Oxalá eu fora unha estrela
na inmensidade do espacio.
Quixera escapar por aqueles campos, lonxe,
tumbarme na herba, observar o horizonte.
Teño envexa das estrelas
eu tamén quero liberdade,
aquí abaixo tan só sinto
un chisco de soidade. 

A preguiza invádeme
nesta noite de verán.
As vistas á cidade
prodúcenme ledicia,
axúdanme a non me adurmiñar.
Observo a lúa
tan fermosa coma sempre,
a máis brillante xoia
desta incrible noite ardente.
Os meus ollos xa non poden máis,
non os podo controlar…
Acabo durmida na herba
á luz do fermoso luar.



















jueves, 14 de mayo de 2015

MAIO DAS LETRAS MAIO DAS XESTAS

Co gallo da celebración das Letras Galegas, o IES Carlos Casares está de festa. As paredes do primeiro andar vístense coas caricaturas dos homenaxeados no Día das Letras Galegas. Esta celebración vense conmemorando dende  o ano 1963, ano de inicio desta conmemoración ao coincidir coa publicación do primeiro libro escrito integramente en Lingua galega.



No mes das Letras Galegas cómpre non esquecermos do valor cultural da nosa lingua, e para iso o alumnado de 1º de ESO, nas aulas de Educación Plástica e Visual e Lingua galega, déronlle a volta aos prexuízos cara á lingua galega e comprobaron a utilidade da nosa lingua. A exposición dos seus traballos pode verse no taboleiro da entrada principal.

miércoles, 6 de mayo de 2015

NOVIDADES DE PRIMAVERA NA BIBLIOTECA

Velaquí as novidades que acabamos de recibir na biblioteca

AGARDAN ANSIOSAMENTE QUE AS RECOLLADES E QUE AS SABOREEDES

BOAS LECTURAS!!!


domingo, 3 de mayo de 2015

A FESTA DOS MAIOS

No IES Carlos Casares demos a entrada oficial á primavera. O alumnado de 4º de ESO PDC reivindicou esta festa tan arraigada en Galicia e que, xa dende a antigüidade, rendía culto ás deusas Afrodita, Flora ou Maia, favorecedoras da vida e da fecundidade. Rendéronlle toda unha homenaxe ao abrollar das sementes e á aparición das cores nos campos, construíndo eles mesmos un maio. Servíronse de xestas que foron recoller polos arredores do centro, axudados polo profesor de Bioloxía -Miguel. O alumnado de primeiro de ESO colaborou na decoración do maio e elaborou coroas con flores, ovos ou laranxas, ao xeito máis tradicional. Como non podía ser doutra maneira, as coplas críticas e satíricas encheron de graza o noso centro. O alumnado de primeiro de ESO aprendeu a realizar coplas rimadas de versos octosilábicos e construíron os sarcásticos maios coa finalidade de non deixar a ninguén indiferente.

sábado, 25 de abril de 2015

CONTACONTOS

O alumnado de infantil dos colexios adscritos ao IES Carlos Casares -C.P.I Chans, C.P.I Carballal, C.P.I. Igrexa Candeán e C.P.I. Santa Mariña- recibiron, nos días 20 e 22 de abril, a visita duns contadores de historias excepcionais: o noso alumnado de primeiro de ESO. Nesta ocasión todos os contos rendían unha homenaxe ás matemáticas, así as nenas e nenos tiveron a posibilidade de ver como a Mosca Chosca contaba os seus convidados ou como Miguel necesitaba contar ovellas para poder durmir; ver virar un cubo xeométrico cos animais do conto do Elefante comellón; observar as diferenzas de tamaño entre as cuncas, as cadeiras e as camas dos Tres osos; seguir os ritmos musicais de Imos cazar un oso; ver como o ratiño ía amosando as partes do crebacabezas do Grúfalo ou comprobar a diferenza de tamaño entre os Chibos, Chibóns e Unha casa a medida. Esta actividade realizouse grazas á colaboración de: Educación Plástica e Visual, Lingua galega e literatura, Dinamización Lingüística e Biblocasares.