O 25 de novembro, como vén sendo habitual, realizamos un acto en homenaxe a todas as vítimas de violencia machista. Participou unha parte representativa do noso alumnado. Alumnas de segundo de ESO leron textos destacando a figura da María de Villota como un heroína na Fórmula 1 e sobre todo unha muller que tomou partido na loita contra a desigualdade defendendo os dereitos da muller. Outras alumnas leron textos explicando a historia das irmás Mirabal e o seu cruel asasinato sendo vítimas da ditadura de Trujillo na Republica Dominicana. O acto estivo acompañado polos marabillosos acordes de piano de Bruno, un alumno de primeiro de Bacharelato. O 25 de Novembro, non é unha data para festexar, pero si para alzar a voz máis ca nunca en CONTRA DA VIOLENCIA.
sábado, 28 de noviembre de 2015
CONTACONTOS GALEGO-INGLÉS
O pasado martes 17 de novembro, asistimos a unha sesión de
contancontos no auditorio do Instituto. Ao chegar xa estaban as dúas contistas, Sophie Heydel e Charo Pita, no escenario: sentadas e preparadas para comezar a actuación. Ao comezar
sorprendeunos que unha delas falaba inglés, mentres que a outra traducía o
conto ao galego. Á muller inglesa entendíaselle perfectamente, mentres que a
muller que falaba en lingua galega dáballe esa énfase humorística que a
actuación necesitaba. O momento que máis nos gustou foi o da interactuación
coas contistas a través de xestos e movementos diferentes.
Varios foron os contos cos que nos deleitaron: Barbaazul, Manolo, Muller e promesa, Arco de trunfo, Rei cabezón, Tres contos e o coitelo, etc.
Varios foron os contos cos que nos deleitaron: Barbaazul, Manolo, Muller e promesa, Arco de trunfo, Rei cabezón, Tres contos e o coitelo, etc.
Ao longo da mañá fomos pasando distintos cursos: primeiros e
segundos de Bacharelato e un grupo de 4º de ESO. Todas e todos o pasamos moi
ben. Foi unha nova experiencia da que
gozamos moito e non teriamos inconveniente en repetir.
Texto escrito por: Isaac Villar e Patric Espada (1º Bac. E)
Texto escrito por: Isaac Villar e Patric Espada (1º Bac. E)
ROTEIRO LITERARIO
Os días 17 e 19 de novembro o alumnado de terceiro e cuarto de ESO tiveron a oportunidade de realizar un roteiro literario baseado na novela Tes ata as dez, do escritor vigués Francisco Castro. O alumnado estivo acompañado do autor e puideron visitar os lugares máis emblemáticos a través dos cales discorría a historia: a imprenta, a notaría, as oficinas do xornal El pueblo Gallego, a coñecida chocolatería Bonilla ou o monumento a Xulio Verne. Francisco foinos explicando todos os detalles e pormenores da súa obra. Foi un roteiro moi interesante porque coñecemos parte da historia da nosa cidade, dende a guerra civil e a posguerra ata a actualidade, ademais de achegarnos á lectura dunha obra que discorre polas nosas rúas.
jueves, 12 de noviembre de 2015
lunes, 9 de noviembre de 2015
LENDO O ACHADO DO CASTRO
Mirade que ben o pasamos na primeira sesión do Club de Lectura. Comemos, bebemos e por suposto LEMOS e RIMOS!!
LIBROS DE LECTURA (1º e 2º ESO). Curso 2015-2016
domingo, 8 de noviembre de 2015
O SAMAÍN
SAMAGOSTÍN
Outro
ano máis imos recuperar a tradición do SAMAÍN,
imos festexalo con fadas, trasnos e co resto de seres máxicos que
habitan no noso imaxinario.
Tallaremos
cabazas e acenderemos candeas para tratar de escorrentar a tantos
demos e bruxas que nos axexan.
Pequena
referencia histórica
O
día 1 de novembro era o primeiro día do ano segundo o calendario
celta. Celébrase a tradicional noite de Samaín na que ocorrían
cousas máxicas.
Os
celtas crían que esa noite a fiestra que separaba o mundo dos vivos
do mundo dos mortos desaparecía, e que a véspera de Samaín as
almas dos mortos regresaban para visitar fogares terrenais. Co gallo
de manteren os espíritos contentos deixábanlles comida e doces fóra
dos fogares.
Despois,
logo da conquista, os romanos exerceron a súa influencia no mundo
celta cos festivais á deusa romana da colleita, Parmona, e máis
adiante os cristiáns -que consideraban que os celtas adoraban ao
demo, aínda que este nunca existiu na relixión céltica-,
converteron a festa no día de Todos os Santos, de onde deriva o nome
de Halloween
en inglés.
Sabemos
que unha vez ao ano se xuntan os mortos para facer un magosto
nunha lubre ao pé do castiñeiro máis vello de Galicia. Cada trasno
ou meiga leva algo de xantar para compartir, só durante esa noite
actúan como humanos e non descobren o seu lado maligno.
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O 24 de outubro é o día das Bibliotecas e, como non podía ser doutro xeito, Bibliocasares agasalla a toda a comunidade educativa cun libro. No vestíbulo podedes escoller títulos e levalos para a vosa casa.
martes, 13 de octubre de 2015
AGATHA CHRISTIE CUMPRE 125 ANOS
A Gran Dama do crime cumpre 125 anos, Agatha Mary Clarissa Miller, máis coñecida como Agatha Christie, naceu o 15 de setembro de 1890 e faleceu o 12 de xaneiro de 1976 . Foi unha escritora británica especializada no xénero policial, traballo polo que obtivo recoñecemento a nivel internacional. Obras como Diez negritos e Asasinato no Orient Express, catapultárona á fama.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















