O 25 de novembro, como vén sendo habitual, realizamos un acto en homenaxe a todas as vítimas de violencia machista. Participou unha parte representativa do noso alumnado. Alumnas de segundo de ESO leron textos destacando a figura da María de Villota como un heroína na Fórmula 1 e sobre todo unha muller que tomou partido na loita contra a desigualdade defendendo os dereitos da muller. Outras alumnas leron textos explicando a historia das irmás Mirabal e o seu cruel asasinato sendo vítimas da ditadura de Trujillo na Republica Dominicana. O acto estivo acompañado polos marabillosos acordes de piano de Bruno, un alumno de primeiro de Bacharelato. O 25 de Novembro, non é unha data para festexar, pero si para alzar a voz máis ca nunca en CONTRA DA VIOLENCIA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario