Os días 17 e 19 de novembro o alumnado de terceiro e cuarto de ESO tiveron a oportunidade de realizar un roteiro literario baseado na novela Tes ata as dez, do escritor vigués Francisco Castro. O alumnado estivo acompañado do autor e puideron visitar os lugares máis emblemáticos a través dos cales discorría a historia: a imprenta, a notaría, as oficinas do xornal El pueblo Gallego, a coñecida chocolatería Bonilla ou o monumento a Xulio Verne. Francisco foinos explicando todos os detalles e pormenores da súa obra. Foi un roteiro moi interesante porque coñecemos parte da historia da nosa cidade, dende a guerra civil e a posguerra ata a actualidade, ademais de achegarnos á lectura dunha obra que discorre polas nosas rúas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario